O sábado 3 de decembro, no Clube do Mar da Coruña, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a I Xornada da Gaita no Mar. O programa é o seguinte:
– 17:30 h. Xurxo Souto fará un relatorio sobre os Gaiteiros do mar, no que poñerá de manifesto cal foi e segue sendo o importante papel destes gaiteiros.
– 18:15 h. Proxección do documental Dos gaiteiros do mar, codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas e producido por Borneira Audiovisual, que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia.
– 19:00 h. Actuación do grupo “Os Gaiteiros do Mar”, formado por Manolo de Donón e Lito de Pinténs (gaitas), Feliciano de Donón (tamboril), Manuel Martínez Santomé (bombo) e o Peix de Aldán (percusións varias), que ofrecerán un concerto para o peche da xornada.