A Coruña: I Xornada da Gaita no Mar, con Xurxo Souto

O cartaz_gaitamar_websábado 3 de decembro, no Clube do Mar da Coruña, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a I Xornada da Gaita no Mar. O programa é o seguinte:
17:30 h. Xurxo Souto fará un relatorio sobre os Gaiteiros do mar, no que poñerá de manifesto cal foi e segue sendo o importante papel destes gaiteiros.
18:15 h. Proxección do documental Dos gaiteiros do mar, codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas e producido por Borneira Audiovisual, que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia.
19:00 h. Actuación do grupo “Os Gaiteiros do Mar”, formado por Manolo de Donón e Lito de Pinténs (gaitas), Feliciano de Donón (tamboril), Manuel Martínez Santomé (bombo) e o Peix de Aldán (percusións varias), que ofrecerán un concerto para o peche da xornada.

Xurxo Souto e a “experiencia marabillosa” das 100 arribadas

DesdeXurxo Souto AELG Sermos Galiza:
“As 100 arribadas –actos relacionados con Contos do mar de Irlanda (Xerais)-, todo un fito na promoción dun libro galego, representan para Xurxo Souto “unha experiencia única e marabillosa que non creo que se volva repetir”. O autor explica, en declaracións a Sermos Galiza, como partindo da literatura foi quen de coñecer o país e de levar esas historias a cidades alén das nosas fronteiras.
Sinala que, após tantos encontros, aprendeu unha morea de historias. “Unha das máis fermosas tivo lugar en Froxán, no Courel. Alí contáronme que a casa máis bonita era a do Calexón, que emigrara ao País Vasco e que fora mariñeiro en Terranova. Cando volvía, enchía o patín da casa de follas de bacallau e os rapaces estaban abraiados, dicían que aquilo era un mundo impresionante”.
Nas cen arribadas, o libro de Xurxo Souto xerou un fecundo hipertexto, o documentario Dos gaiteiros do mar, de Martín Rodas e Dani Lavesedo e a exposición O pintor Ksal e outras historias do mar (AVV Casco Vello de Vigo). “No meu caso este hipertexto non ten a ver co virtual, pois foi algo físico e real”, sinala. “Os gaiteiros forman agora un grupo estábel e O Berbés, a colleu a mostra dun pintor que creaba a bordo de bacallaeiros. Pintaba na sala de máquinas e chegou a expoñer en Terranova, mais non en Vigo. E grazas ao Berbés foi coñecido o seu legado. Fíxate, como terrícola, non sabía que a bordo dos barcos se pintaba e que en Terranova se facían cancións en galego”, salienta.
O escritor advirte de que a falta de coñecemento da sociedade arredor do mar “é un problema”. “O mar non existe na nosa educación malia ser un elemento económico fundamental. O mar non é pasado, senón futuro, pero tendemos a velo como algo folclórico e pintoresco”, afirma. (…)”

Xurxo Souto descóbrelles aos “terrícolas” a historia dos gaiteros do mar

ReportaxeDos gaiteiros do mar de Alberto Ramos en Praza:
Xurxo Souto codirixe xunto a Martín Rodas o documental Dos gaiteiros do mar, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia. A eses e outros moitos lugares levaron a nosa música. Presentan o documental este sábado 23 no Festival de Cans.
“Tocaron a gaita en Terranova, en Namibia, no mar do Carburo; fixeron música mestiza e cosmopolita mesmo antes de que existisen esas palabras”. (…) Nesta fita recupérase o relato dos gaiteiros-mariñeiros que nos anos sesenta e setenta embarcaron cara ao Gran Sol. As voces que recolle o documental pertencen a Manuel Sotelo (Manoliño De Donón) e Lito de Pinténs. A súa historia é a historia da música tradicional lonxe da terra, das gaitas máis alá da terra firme , alén do noso horizonte. Eles son os gaiteiros do mar deste documental que, segundo Souto, servirá para provocar a “descuberta dun mundo” que descoñecemos na Galicia. “Hai gaiteiros do mar que non coñecemos, dos que non sabemos nada. Ben seguro que despois deste documental, descubriremos moitos máis”, sinala Xurxo Souto.
“Pouco se ten falado dos gaiteiros do mar”. Talvez, esa frase pronunciada polo Peix de Aldán, foi a mecha. Acabou por prendela a aparición dunha cinta histórica, un vello casete que resumía co play o son das gaitas sobre o mar. “Rubén Bastón trouxo ao programa Mil Ribeiras da Radio Galega un casete gravado no Gran Sol, no que se escoitaba o son da gaita mesturado cos motores do barco e con toda as armonías do mar; unha marabilla”, lembra Souto. Esa gravación, titulada Nos mares do Gran Sol, resulta ser unha sorte de long-play na que se escoita a gaita de Manoliño de Donón, o tamboril de Feliciano de Donón e o bombo de Manuel Martínez Santomé. Os tres marcharan ao Gran Sol, embarcados no Ría de Aldán e unha noite, Santomé, xefe de máquinas do barco, afanouse por gravar a repichoca. Era 1974. (…)”