A Coruña: Día de Rosalía de Castro 2024


O 23 de febreiro, ás 17:00 horas, decorrerá a conmemoración do Día de Rosalía de Castro na Coruña, coorganizado entre a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a A. C. Alexandre Bóveda, diante do Teatro Rosalía.
Terá lugar a lectura do Manifesto da AELG, elaborado por Carlos Callón, por Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía. A parte musical correrá a cargo de Xosé Manuel Sánchez Rei.

Lugo: Día de Rosalía de Castro 2024


O 23 de febreiro, ás 12:00 horas, no Auditorio do Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n.), decorrerá a conmemoración do Día de Rosalía de Castro en Lugo, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
O acto consistirá na lectura do Manifesto da AELG elaborado neste 2024 por Carlos Callón e a lectura pública de poemas de Rosalía.

Os Premios Barbantia da Cultura recoñecen Carlos Callón, Xosé Luís Veiras Manteiga e o Centro Arqueolóxico do Barbanza

Desde Nós Diario:
“A Asociación Cultural Barbantia fixo públicos sábado os nomes das persoas e entidades que serán recoñecidos cos Premios Barbantia, que alcanzan a súa décimo sétima edición.
Nesta ocasión, a entidade outorgará Carlos Callón o Premio Barbantia da Cultura Galega, mentres que Xosé Luís Veiras Manteiga recibirá o Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza.
Con respecto ao Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza, este recaerá no Centro Arqueolóxico do Barbanza.
Os gañadores recibirán as súas distincións nunha gala que se desenvolverá na Casa da Cultura do Concello de Lousame o próximo sábado, 16 de decembro, a partir das 12.30 horas da tarde.
Ese mesmo día tamén se presentará o décimo noveno volume do Anuario de Estudos do Barbanza que edita Barbantia.
Todos estes actos poderán seguirse, como é habitual, a través da canle oficial de Youtube da Asociación Cultural Barbantia.
Ademais, tamén se levará a cabo a tradicional comida no restaurante Trapeiro de Lousame, para a cal, lembran desde a A. C. Barbantia, é preciso realizar a inscrición previa antes do 15 de decembro a través do correo electrónico da asociación.”

Premios da Crítica de Galicia 2023