A  escritora María Reimóndez, a poeta Susana Sánchez Arins e a Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo presentaron hoxe A Sega, unha plataforma de crítica literaria feminista que pretende crear un espazo de referencia para a crítica, ata o momento monopolizada por voces masculinas e en moitos casos patriarcais.
escritora María Reimóndez, a poeta Susana Sánchez Arins e a Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo presentaron hoxe A Sega, unha plataforma de crítica literaria feminista que pretende crear un espazo de referencia para a crítica, ata o momento monopolizada por voces masculinas e en moitos casos patriarcais.
O obxectivo desta plataforma, que se presenta no mes do nacemento de Rosalía de Castro e na cidade que conmemora o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, é visibilizar as obras escritas por autoras e realizar novas lecturas de todo o acervo literario en lingua galega. A plataforma, no seu esforzo de tecer redes, colaborará co Centro de Recursos Feministas do Concello de Vigo doando ao seu fondo aquelas obras recensionadas que sexan de interese para esta iniciativa da cidade. Tamén colaborará activamente coa Libraría Lila de Lilith de Santiago de Compostela.
No manifesto de fundación (que se pode consultar completo aquí) recóllese que A Sega “nace do exercicio de observar un panorama da crítica caracterizado polos silencios das voces das expertas, por lecturas sen explicitación da posición e pola falla de análise crítica dos textos das autoras”.
A plataforma recollerá recensións críticas sobre obras de autoras galegas e foráneas e tamén textos de teoría da crítica “para compartir as ferramentas e os discursos críticos” con quen queira sumarse á “destreza segadora” das críticas.
No inicio da andaina d´A Sega participan Andrea Nunes Brións, María Reimóndez, Marga Romero, Lara Rozados, Susana Sánchez Arins e Beatriz Suárez Briones. É esta unha plataforma aberta á que se irán incorporando novas voces.
Arquivos da etiqueta: Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo
Vigo: café literario arredor de A semellanza, de María Xosé Queizán
O  mércores 27 de xuño, ás 18:00 horas, terá lugar unha nova edición do Café literario do Centro de Documentación e Recursos Feministas (Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yáñez, 6 – 2º) de Vigo, onde se falará sobre a obra de María Xosé Queizán A semellanza, publicada por Sotelo Blanco. Como relatora estará Elisabet Pérez, vicepresidenta da asociación Nós mesmas.
mércores 27 de xuño, ás 18:00 horas, terá lugar unha nova edición do Café literario do Centro de Documentación e Recursos Feministas (Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yáñez, 6 – 2º) de Vigo, onde se falará sobre a obra de María Xosé Queizán A semellanza, publicada por Sotelo Blanco. Como relatora estará Elisabet Pérez, vicepresidenta da asociación Nós mesmas.
 
							
