O día que Penélope falou ruso

DesdeCuberta-da-edición-rusa-de-Nimbos o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Quero hoxe dar conta dunha iniciativa que confirma o crecente interese polas nosas letras en terras abondo distantes e por culturas de acollida ben diversas.
Hимбъі é o título co que un equipo de tradutores do Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo traduciu ao ruso os Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor do que se cumpre o primeiro centenario e ao que consagramos o ano en curso e o pasado Día das Letras Galegas.
Andrey Rodosskiy, Víctor Andreev, Daria Sinitsina, Vladimir Litus, María Tolstaya, Yuriy Shashkov e mais Elena Zernova (esta última coordinadora do volume e verdadeira alma mater da iniciativa) conseguiron que os versos de “Penélope”, “A cerna” ou “No resplendor do día”, entre outros, cobrasen vida na fala cirílica. Que, amais, vexan a luz nunha primorosa edición bilingüe, moi coidada no material, é outro mérito do amentado Centro de Estudos Galegos, que con este título chega xa ao décimo noveno volume dedicado á nosa escrita dende 1995 ata a actualidade.
Convén salientar o mérito desta tradución, que trasladou as composicións do poeta guitiricense conservando a rima, a métrica o ritmo e a estrutura das mesmas, labor arduo onde os haxa cando do que se trata é de transvasar entre idiomas tan arredados. (…)”