Nexos convida… volve neste 2016 para conversar con figuras de recoñecido prestixio das letras, as artes e o pensamento. O martes 4 de outubro, a partir das 18:30 horas, na Cidade da Cultura de Compostela, terá lugar un diálogo íntimo e directo con Nélida Piñón, Premio Príncipe de Asturias 2005. Da man da profesora de Literatura Galega, Dolores Vilavedra, Nélida Piñón fará na Sala Eisenman un repaso pola súa traxectoria literaria e vital. A entrada é de balde previa inscrición aquí.
Arquivos da etiqueta: Ciclo Nexos
Compostela: faladoiro de Ramón Nicolás con Teresa Barro, no Ciclo Nexos
O xoves 5 de novembro, ás 18:30 horas, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, terá lugar unha nova sesión do Ciclo Nexos, cun faladoiro de Teresa Barro con Ramón Nicolás. A entrada é de balde previa inscrición, aquí.
Santiago de Compostela: A literatura portuguesa despois da revista Orpheu, no Ciclo Nexos
O sábado 17 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca e Arquivo de Galicia, terá lugar unha nova sesión do Ciclo Nexos, organizado pola Cidade da Cultura de Galicia, coa colaboración do Instituto Camões e a Rede Internacional de Universidades Lectoras, co título A literatura portuguesa despois da revista Orpheu, que propón unha viaxe ao último século da literatura portuguesa, con parada en dous nomes aplaudidos pola crítica e por varias xeracións de lectores. O programa é o seguinte:
– 12:00 h. | Relatorios: Antonio Cardiello, doutor en filosofía, investigador, editor e consultor da Casa Fernando Pessoa, mostraranos o nacemento e acollida da revista Orpheu; Rosa Maria Martelo, profesora da Facultade de Letras da Universidade do Porto, investigadora, ensaísta e poeta, achegaranos ao universo creativo e vital de Herberto Helder; Lídia Jorge, un dos nomes máis relevantes da prosa portuguesa (condecorada en Portugal coa Gran Cruz da Orde do Infante Don Henrique e en Francia como Dama das Artes e das Letras) falará da súa escrita e das súas lecturas; finalmente Carlos Quiroga, profesor de literaturas lusófonas da Universidade de Santiago de Compostela lerá, nos intersticios, textos da revista Orpheu, de Herberto Helder e de Lídia Jorge (nomeada Escritora Galega Universal pola AELG en 2013).
– 13:30 h. | Proxección da curtametraxe: As deambulações do mensageiro alado (12’). Rareza audiovisual realizada en 1969 por Edgar Gonsalves Preto. Un anxo deambula por Lisboa cando encontra nun café a Herberto Helder con A colher na boca, iniciando así unha parodia do poeta e dos seus títulos de máis sona.
A reserva para poder acudir ao acto pode realizarse aquí.”
Compostela: A literatura portuguesa despois da revista Orpheu, no Ciclo Nexos, o sábado 17 de outubro
O sábado 17 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca e Arquivo de Galicia, terá lugar unha nova sesión do Ciclo Nexos, organizado pola Cidade da Cultura de Galicia, coa colaboración do Instituto Camões e a Rede Internacional de Universidades Lectoras, co título A literatura portuguesa despois da revista Orpheu, que propón unha viaxe ao último século da literatura portuguesa, con parada en dous nomes aplaudidos pola crítica e por varias xeracións de lectores. O programa é o seguinte:
– 12:00 h. | Relatorios: Antonio Cardiello, doutor en filosofía, investigador, editor e consultor da Casa Fernando Pessoa, mostraranos o nacemento e acollida da revista Orpheu; Rosa Maria Martelo, profesora da Facultade de Letras da Universidade do Porto, investigadora, ensaísta e poeta, achegaranos ao universo creativo e vital de Herberto Helder; Lídia Jorge, un dos nomes máis relevantes da prosa portuguesa (condecorada en Portugal coa Gran Cruz da Orde do Infante Don Henrique e en Francia como Dama das Artes e das Letras) falará da súa escrita e das súas lecturas; finalmente Carlos Quiroga, profesor de literaturas lusófonas da Universidade de Santiago de Compostela lerá, nos intersticios, textos da revista Orpheu, de Herberto Helder e de Lídia Jorge.
– 13:30 h. | Proxección da curtametraxe: As deambulações do mensageiro alado (12’). Rareza audiovisual realizada en 1969 por Edgar Gonsalves Preto. Un anxo deambula por Lisboa cando encontra nun café a Herberto Helder con A colher na boca, iniciando así unha parodia do poeta e dos seus títulos de máis sona.
A reserva para poder acudir ao acto pode realizarse aquí.”
Compostela: O longo devalo da cultura labrega
Dentro do ciclo Nexos, organizado pola Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o sábado 5 de outubro, a partir das 12:00 horas, terá lugar, no Centro de Innovación Cultural, unha análise conxunta sobre O longo devalo da cultura labrega:
“A labrega é unha cultura de vello, decantada ao longo de séculos de interacción entre as comunidades humanas e a contorna natural. Esa estreita relación entre o ser humano e a terra, amén das circunstancias históricas, deron pé en Galicia á creación dunha rica, mesta e peculiar antropoloxía, a unha forma de estar no mundo.
O proceso de modernización do país supuxo o paulatino abandono do agro en favor das vilas e cidades, e a substitución daquela cosmovisión tradicional por outros coñecementos e imaxinarios.
Nesta sesión preguntámonos, da man de Uxío Novoneyra, canto daquel mundo aínda subsiste, e desde un ángulo máis técnico ou científico, que lle agarda ao noso agro no futuro inmediato.
Programa
– 12:00 h. Relatorio: Olga Novo.
– 12:45 h. Exposición: Xoán López Facal.
– 13:15 h. Contacontos: Celso F. Sanmartín.”
As reservas pódense realizar aquí.