O domingo 3 finaliza a III Feira do Libro de Ribadeo (no Parque de San Francisco), organizada polo Concello de Ribadeo, cos seguintes actos literarios destacados para estes dous días:
Sábado 2
– 13:00 h. Vermú literario con Francisco Castro arredor da súa novela Amor é unha palabra coma outra calquera, publicada en Galaxia.
– 19:30 h. Sinatura de Tempos de norte, con Mónica Justo e Roberto Martínez.
Domingo 3
– 12:30 h. Presentación de Novas lambetadas dunha larpeira feliz, de Merchi Rodal.
– 13:15 h. Conversa interxeracional con María Canosa: Dos Druídas ao DisParo.
– 18:30 h. Presentación de Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos, publicado por Galaxia.
– 19:15 h. Vicente Araguas presenta Manuel María: un home de mil pezas, publicado por Embora.
– 20:15 h. Presentación de As Catedrais: portas do misterio, de Xosé Otero Canto. Concellaría de Cultura de Ribadeo.