Ismael Ramos gaña o premio Johán Carballeira de poesía

DesdeIsmael Ramos Sermos Galiza:
“Entre os 33 poemarios presentados, o xurado do premio Johán Carballeira decidiu por unanimidade recoñecer Os fillos da fame, o libro Os fillos da fame asinado por Ismael Ramos (Mazaricos, 1994). Segundo o xurado, o libro goza de “indubidábeis valores poéticos” que o sitúan na “mellor tradición da poesía internacional”.
O xurado, composto por Ramón Blanco, María do Carme Caramés e Luís Valle destacaron a calidade literaria da obra gañadora, que se impuxo con claridade como gañadora do certame. A obra será publicada por Edicións Xerais.
Ismael Ramos comezou a escribir de moi novo e, con 16 anos, fíxose coas dúas modalidades do Premio Minerva, poesía e narrativa ademais do segundo premio do Ánxel Casal con Capricho (poesía existencial demasiado azucrada). No 2014 conseguiu o segundo premio de poesía do concurso Xuventude Crea con O grande pecador. (…)”

ProLingua: “O desleixo lingüístico do Concello de Bueu”

“ProLingua,bueu_2 plataforma a prol da defensa e promoción da lingua, presentou esta semana un escrito no rexistro do Concello de Bueu onde se pide que se corrixan erros graves de lingua na sinalización. Son múltiples as queixas recibidas por este desleixo e o concello ten que ser consciente que non só hai que empregar o galego, senón empregalo ben.
Aquí está o texto completo e no axunto unha mostra do que se denuncia”

Bueu: III Festival Poético do Morrazo. Xosé María Díaz Castro

Carmen Caramés gaña o XVII Premio de Poesía Johán Carballeira

Desde o Concello de Bueu:
“O sábado 3 de maio de 2014, ás 11:30 horas, reúnese o xurado do XVII Premio de Poesía Johán Carballeira, constituído por Marta Dacosta Alonso, Miriam Ferradáns Ferradás e Alberte Momán Noval. Tras o pertinente debate resolveu declarar gañador por unanimidade o traballo Dos días escuros de Mª Carmen Caramés Gorgal.
O xurado destacou a capacidade para retratar unha situación tan difícil como a dos malos tratos e que isto se faga cunha linguaxe poética tan acertada, mediante a utilización de imaxes moi potentes e un ton que engancha á lectora e ao lector e fai devecer pola lectura da páxina seguinte. Cabe destacar tamén a unidade do conxunto e a capacidade de secuenciación creando un itinerario que vai adquirindo intensidade até acadar o punto final que nos conduce directamente á realidade.”

Bueu: presentación de Sete Caveiras, de Elena Gallego

O venres 28 de marzo, ás 20:30 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa (Rúa Eduardo Vicenti, 2), de Bueu, preséntase Sete Caveiras, de Elena Gallego, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora, o Concello de Bueu e a Libraría Miranda, participa, xunto á autora, Manuel Bragado.

Convocado o XVII Premio de poesía Johán Carballeira

BASES

1.- Poderán concorrer a el tódalas autoras e autores que presenten os seus orixinais escritos en lingua galega. Os textos, cuxa extensión deberá superar os 400 versos, terán que ser inéditos e non estar premiados en anteriores convocatorias do premio nin en ningún outro concurso de poesía (de suceder isto con posterioridade á presentación dos traballos, o/a autor/a deberá comunicarllo inmediata mente á organización).
2.- Presentaranse 3 copias en tamaño folio, mecanografadas a dobre espazo, numeradas e grampadas ou encadernadas. Estas deberán vir identificadas cun lema. Xunto coas copias achegarase un sobre pechado, identificado co mesmo lema, que conterá os seguintes datos: nome e apelidos do/a autor/a, DNI ou pasaporte, enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
3.- As obras presentaranse en sobre pechado, coa indicación XVII PREMIO DE POESÍA JOHÁN CARBALLEIRA e sen remite, no seguinte enderezo: Concello de Bueu, rúa Eduardo Vincenti, nº 8, 36930 Bueu (Pontevedra).
4.- O prazo de presentación dos orixinais remata o 10 xaneiro de 2014.
5.- O xurado estará composto por tres persoas vinculadas á literatura galega e máis un/ha secretario/a.
6.- O premio terá unha dotación única de 1.500 €, comprometéndose a imputación desta cantidade ao orzamento xeral do Concello de Bueu para o exercicio 2014 e a acreditación da existencia de crédito axeitado e suficiente. A dotación do premio estará suxeita ao tratamento fiscal en vigor no momento da concesión.
7.- O premio inclúe ademais a publicación da obra gañadora por parte do Concello de Bueu. A obra publicarase con Edicións Xerais de Galicia. En todo caso, o premio, que é único e indivisible, poderá declararse deserto.
8.- A decisión do xurado, ademais de comunicarse ó gañador ou gañadora da convocatoria, anunciarase a través dos medios de comunicación no transcurso da semana anterior á entrega do premio. Prevese que esta se produza nun acto público enmarcado na Semana das Letras Galegas 2014.
9.- As obras devolveranse por correo postal ás autoras e autores que o soliciten no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da resolución do xurado. Os traballos non reclamados en prazo serán destruídos.
10.- O Concello de Bueu resérvase durante un ano os dereitos de publicación da obra premiada, en tódalas linguas do Estado. Nese sentido, o/a autor/a renuncia a favor do Concello, na 1ª edición, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor/a. De existiren posteriores edicións deberase facer constar que a obra recibiu o XVII Premio de Poesía Johán Carballeira.
11.- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.”

Convocado o XI Premio de xornalismo Johán Carballeira

BASES

1.- O certame está aberto a traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero periodístico, publicados con firma ou pseudónimo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013.
Os traballos, que deberan ter sido publicados en medios impresos ou dixitais, estarán escritos en lingua galega.
2.- Aceptarase un só traballo por autor/a. Non poderán presentarse as persoas gañadoras das dúas últimas edicións do premio.
3.- A presentación dos traballos poderá facerse por calquera das dúas vías seguintes:
• EN PAPEL: De cada traballo teñen que presentarse un orixinal e 3 copias da páxina ou páxinas completas da revista ou xornal que acolleu a súa publicación. As obras presentaranse en sobre pechado, coa indicación XI PREMIO DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA, no seguinte enderezo: Concello de Bueu, rúa Eduardo Vincenti, nº 8, 36930 Bueu (Pontevedra). No interior do sobre, ademais dos traballos, achegarase unha folla coa seguinte información: Título do traballo, nome do/a autor/a, DNI ou pasaporte, enderezo e número de teléfono e correo electrónico.
• POR CORREO ELECTRÓNICO: Deberá enviarse un documento en formato PDF co traballo que se presenta. No caso de publicacións en medios dixitais remitirase a ligazón ao enderezo web no que se atope o traballo presentado. En ámbolos casos indicarase no asunto da mensaxe XI PREMIO DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA.
Ademais debe achegarse un documento coa seguinte información: Título do traballo, nome do/a autor/a, DNI ou pasaporte, enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
4.- O prazo límite para a recepción dos traballos que participen neste certame péchase o día 10 de xaneiro de 2014 ás 23:00 h.
5.- O premio terá unha dotación única de 1.500 €, comprometéndose a imputación desta cantidade ao orzamento xeral do Concello de Bueu para o exercicio 2014 e a acreditación da existencia de crédito axeitado e suficiente. A dotación do premio estará suxeita ao tratamento fiscal en vigor no momento da concesión. O premio, que é único e indivisible, poderá declararse deserto.
6.- O Xurado estará composto por tres persoas vinculadas ao xornalismo galego, unha delas nomeada pola asociación colaboradora “Amigos de Johán Carballeira”, e máis un/ha secretario/a. Este xurado valorará positivamente aqueles traballos enmarcados nos xéneros da reportaxe e a entrevista, xéneros nos que desenvolveu maioritariamente o seu labor xornalístico Johán Carballeira.
7.- A decisión do xurado, ademais de comunicarse ó gañador ou gañadora da convocatoria, anunciarase a través dos medios de comunicación no transcurso da semana anterior á entrega do premio. Prevese que esta se produza nun acto público enmarcado na Semana das Letras Galegas 2014.
8.- O Concello de Bueu resérvase o dereito de reprodución dos traballos premiados, así como de calquera outro presentado ó certame, na forma e o medio que estime máis con veniente, aínda que incluíndo sempre o nome de cada autor/a.
A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.”