Bruxelas: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto mércores 27 de maio, ás 19:00 horas, en La Tentation: Centro Galego de Bruxelas, Lakensestraat 28, 1000, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. No acto tamén terá lugar a performance Océano para terrícolas, onde o propio autor, con alegría e humor, interpretará as súas propias composicións co seu acordeón diatónico. O acto está coorganizado pola Asociación Couto Mixto de Bruxelas.

Bruxelas: presentación da tradución de Ulises, de James Joyce

O xoves 10 de abril, ás 18:00 horas, na Livraria Orfeu (Rue du Taciturne 43 Willem de Zwijgerstraat) de Bruxelas, preséntase, nun acto organizado pola Asociación Couto Mixto, a tradución galega do Ulises de James Joyce, publicada por Galaxia. No acto participan Ramón Neto e dous dos tradutores, Xavier Queipo e Antón Vialle.

Bruxelas: conferencia de Francisco Castro

O martes 24 de maio, ás 19:00 horas, na libraría Orfeu de Bruxelas, Francisco Castro lerá a conferencia titulada Contra Salinger. Eu si falarei de min, nun acto conmemorativo do Día das Letras Galegas organizado polo Couto Mixto da capital belga. Posteriormente terá lugar un recital de poemas de Lois Pereiro.