Arquivos da etiqueta: Das viaxes maiúsculas
Bueu: presentación de Das viaxes maiúsculas, de Domingo Tabuyo
Compostela: presentación de Das viaxes maiúsculas, de Domingo Tabuyo
Domingo Tabuyo inaugura o palmarés do Premio de Poesía Camiño de Santiago
Desde a Academia Xacobea:
“A primeira edición do Premio de Poesía Camiño de Santiago convocado pola Academia Xacobea co patrocinio de Edicións Carena e a colaboración de Secretaría Xeral de Política Lingüística estreouse cunha boa acollida e un gran nivel de calidade. Un total de 18 obras enviadas desde distintos puntos de España e América concorreron a este certame co que a entidade con sede en Santiago de Compostela afonda no seu afán de dar presenza ao Camiño e ao fenómeno xacobeo no eido da literatura.
Tras examinar e valorar todas as obras, o xurado acordou por unanimidade conceder o galardón a Das viaxes maiúsculas, o orixinal presentado polo profesor do IES Asorey, de Cambados, Domingo Tabuyo baixo a plica Das reflexións imperfectas. O xurado valorou a súa “brillante imaxinería poética e a súa innegable capacidade simbólica, que invita ao lector a adentrarse no cosmos xacobeo a través dunha escritura fondamente conceptual e suxestiva, que se serve con mestría do endecasílabo branco e o verso libre”. (…)
O catedrático Eduardo López, como presidente; o editor Jose Membrive, a escritora Rosalía Morlán Vieites, o crítico literario Armando Requeixo Cuba e o xornalista e poeta Jose Manuel Blanco (Pati Blanco), como vogais, e Ulises Bértolo, como secretario, foron os integrantes do xurado.
O gañador recibirá un premio económico de 1.500 euros e a obra será publicada nunha edición bilingüe en galego e castelán. (…)”