Abriuse a votación popular de Inspiraciencia para decidir o premio do público. Preto de 90 relatos pasaron a preselección de entre os máis de 400 relatos recibidos e poden votarse ata o 12 de xuño, co único requisito de estar previamente rexistrado. A mesma selección de relatos pasou ao xurado do premio institucional que decidirá os ganadores para cada lingua e categoría.
– Premio do público: Votación aberta ata o 12 de xuño. Pode realizarse aquí.
– Premio institucional. Xurado: David Alenyà Vilaró, Jon Arrizabalaga Valbuena, Karina Barros Ferradas, Jon Elordi Akordarrementeria, Eva García Fernández, Sara Martín Alegre, Pau Solsona Boada e Sonia Varela Pombo, representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e profesora na Universitat Autónoma de Barcelona.