Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 30 de xuño e 1 de xullo

O domingo 1 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Sábado 30 de xuño
18:30 h. Presentación do novo libro+cd de Chuches Amil, Monstros con ou sen consentimento, publicado por Galaxia.
19:45 h. Presentación de Castelao na arte europea, de Siro López, publicado por Garañón. Posterior firma na Secretaría.

Domingo 1 de xullo
19:45 h. José Manuel Ledo Santiso presenta o seu libro de relatos Camiño, publicado por Ir Indo.
20:30 h. Falando con Fausta Cardoso Pereira, autora de Dormir com Lisboa, publicado por Urco. Participa David Cortizo.

Fallo do II premio Antón Risco de Literatura Fantástica

“Reunido en Allariz o 11 de febreiro de 2017, o xuri do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica composto por:
Antonio Manuel Fraga, gañador da anterior edición.
César Lorenzo Gil, crítico literario.
Elisa Torres, da UTAD.
Isabel Cristina Mateus, da Universidade do Minho.
Montse Pena Presas, crítica literaria.
e actuando como secretario sen voto Tomás González Ahola, de Urco Editora.

RESOLVE

Conceder o II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, convocado pola Fundación Vicente Risco, Urco Editora, Auga Editora, Sacauntos Cooperativa Grática, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-Mundos, Pastelaría Fina Rey e Restaurante A Fábrica de Vilanova.
Á obra co título
Dormir com Lisboa
que, aberta a plica, resultou ser da autoría de
Fausta Cardoso Pereira,
que recibirá como premio 3000€ menos os impostos correspondentes e a publicación da obra.
Asemade, o xuri tamén destacou como finalistas a igualdade de puntos as obras presentadas baixo os títulos
O neno que soñaba coa lúa
e
Penumbra
as cales, logo de ser valoradas pola editora, poderán optar a seren publicadas, sempre que as súas autoras ou autores estean de acordo e contacten coa editora.

En Allariz, a 11 de febreiro de 2017