Dentro
da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolverá entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o xoves 25 de agosto:
– 13:00 h. Pregón a cargo de Rosalía Fernández Rial, coa participación de Mar Eirís e Evencio Ferrero.
– 19:30 h. Presentación do libro de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa, publicado en Edicións do Castro. No acto estará acompañada por Celsa Sánchez, Paco Graña e a música de O Mighelo.
– 20:30 h. Presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Xosé Regueira, Manuel Bragado e Luz Cures.
O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.
sábado 16 de xullo, sobre as 20:00 h., en Quilmas (O Pindo, Carnota), dentro das actividades do mercado tradicional e ecolóxico organizado polo colectivo Raínha Lupa, cooperativa de agricultura ecolóxica, preséntase a colectánea de relatos Madeira de mulher, de 



venres 24 de setembro, ás 20:15, preséntase na Liceo de Ourense o libro Represalia e desagravio dun médico lucense republicano, de José Luis Díaz Gómez, publicado en Edicións do Castro. Participan no acto, ademais do propio autor, Pedro Trillo (presidente do Colexio de Médicos de Ourense) e David Simón (médico e investigador da historia social da medicina ourensá).