“O
libro Un tren cargado de misterios, de Agustín Fernández Paz, está a traducirse nestes momentos ao chinés e será publicado pola editorial New Buds Publishing House (Tianjing), Limited Company. Un tren cargado de misterios está na súa quinta edición, foi ilustrado por Enjamio e recibiu o Premio Lecturas Galix en 2003.” Vía Xerais.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Muxía: presentación de A narrativa mariña de Gonzalo López Abente
O
sábado 26 de maio, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Muxía, preséntase o libro A narrativa mariña de Gonzalo López Abente, publicado en Xerais con edición de Xesús Sambade. No acto participan, xunto ao editor, Félix Porto, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.
A Pobra do Caramiñal: presentación de Dark Butterfly, de Rexina Vega
O
venres 25 de maio, ás 20:30 horas, na Tenda Escola Deán (Rúa Rafael Calleja, 11-13), a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Edicións Xerais de Galicia e a Libraría LER da Pobra do Caramiñal presentan o número 75 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro Dark Butterfly, de Rexina Vega. No acto, xunto á autora, participan Manuel Bragado, Agustín Agra e Amparo Cerecedo.
Setenta e tres obras compiten este ano polos Premios Xerais
Edicións Xerais,
unha vez pechado o prazo de admisión de orixinais dos seus premios literarios 2012, nomeou aos membros dos dous xurados.
O xurado da XXIX edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 15.000 euros e no que concorren trinta e dúas obras, está formado por: Xaime da Pena Ceide (avogado), Ernesto Sánchez Pombo (xornalista), María Xosé Porteiro (xornalista), Begoña Rodríguez Outeiro (profesora), Xoán Cruz (profesor) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
O xurado da XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren corenta e unha obras, está formado por: Ledicia Costas (escritora e secretaria de GALIX), Anxo Fariña (escritor, ilustrador e gañador do Premio Merlín 2011), Cristina Fernández Ameal (profesora), Silvestre Gómez Xurxo (escritor e mestre), Ánxeles Saco López (profesora) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
Os dous xurados determinarán as obras finalistas na súa primeira reunión, o venres 1 de xuño, e as gañadoras, na segunda, a celebrar o sábado 9 de xuño.
Santiago: presentación de As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes
O
venres 18 de maio, ás 21:15 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira (Rúa San Mauro, s/n), preséntase o libro As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Pablo Vaamonde García, Suso de Toro, Che Turnes e Manuel Bragado.
Illa de Arousa: presentación de Iria, de Anxo Angueira
O
xoves 17 de maio, ás 11:30 horas, a bordo do galeón Rei do Mar, no Peirao do Cantiño na Illa de Arousa, a Asociación Cultural e Deportiva Dorna e Edicións Xerais organizan a presentación de Iria, de Anxo Angueira. No acto, xunto ao autor, participan Uxío Allo e Dionísio Pereira. A continuación, actuación do Grupo de Música e Baile da A. C. D. Dorna. Na explanada do Xufre, a partir das 11:00 horas, haberá unha exposición de libros organizada pola Libraría Castelao.
Viveiro: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
venres 18 de maio, ás 20:30 horas, no Salón de Usos Múltiples da Casa do Concello de Viveiro, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá o autor.
Lugo: actos destacados do martes 15, mércores 16 e xoves 17 na Feira do Libro
Comeza
a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior) con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h. As actividades máis destacadas do martes 15, mércores 16 e xoves 17 son as seguintes:
* Martes 15:
– 19:45 h. Inauguración oficial. Actuación dos alumnos de gaita e percusión de Tradescola. Pregón inaugural a cargo do escritor lucense Antonio Reigosa. Actuación dos alumnos de Tradescola.
* Mércores 16:
– 19:00 h. Valentín Paz Andrade na feira de Lugo. Lectura de textos do autor a cargo de Marina Cillero, Carmen Blanco, Amelia Balseiro e Tonina Gay, nun acto coordinado por Ángeles Fernández Maira.
* Xoves 17:
– 19:00 h. Presentación dos libros Os fillos do mar, de Pedro Feijóo e O misterioso Doutor Saa, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán, publicados por Edicións Xerais. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.
Malpica: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
luns 14 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Cívico de Malpica, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirán, xunto ao autor, Francisco Souto e Xosé Cotelo.
O Grove: presentación de A Torre das Lavercas, de Daniel Ameixeiro
O
venres 11 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei (Monte da Vila, 11) do Grove, preséntase o libro A Torre das Lavercas, de Daniel Ameixeiro, publicado en Xerais. O acto está coorganizado pola Casa da Cultura do Grove e a propia editora.