Arquivos da etiqueta: Eladio Medel
Primeiro número da Revista Inviable
Comeza a súa andaina a Revista Inviable, editada por Francisco Javier Fontenla García, Jorge Emilio Bóveda e Eladio Medel, representantes da Xeración Illada, en Ourense. O primeiro número pode verse aquí.
Ourense: actividades destacadas do 1 de xuño na Feira do Libro 2019
O 1 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ourense (na rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Sinatura de O galego mola, de Isabel Villanueva (Isashopaholic), na caseta da Libraría Cortizas.
– 18:45 h. Presentación de O tempo meteorolóxico, de Miguel Robledo, publicado por A Mesa. Participa Mónica Pazos.
– 19:30 h. Coloquio sobre Eternos propietarios, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Tandaia (Edicións do Peirao). Participan Eladio Medel e Francisco Javier Fontela.
– 20:15 h. Presentación de Kallaikos. Unha viaxe á Galiza Céltica, de Francisco Boluda.
Celanova: presentación de As sete mortes de Leopoldo Pardo, de Jorge Emilio Bóveda
Ourense: presentación de As sete mortes de Leopoldo Pardo, de Jorge Emilio Bóveda
Bilbao: presentación de Fóra do muro, de Eladio Medel
O sábado 24 de maio celebrouse unha tertulia literaria con autores vascos na cafetería La Granja de Bilbao, coa presentación, entre outros, do libro Fóra do muro, de Eladio Medel, obra gañadora do XVI Premio de Poesía O Grelo de Vilagarcía de Arousa.