Feira do Libro da Coruña 2019: actividades literarias destacadas do 10 e 11 de agosto

O 11 de agosto finaliza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:

Sábado 10
13:00 h. “A diversidade sexual na literatura escrita por mulleres”. Conversan Eli Ríos, Emma Pedreira, María Reimóndez e Andrea Nunes. Modera Bárbara G. Vilariño.
18:00 h. Presentación de Os tempos e o clima de Galicia, de Alberto Martí, Juan José Taboada, Dominic Royé e Xavier Fonseca, publicado por Xerais.
19:00 h. Inma López Silva asina Chámame señora, pero trátame coma a un señor, na caseta de Moito Conto.
19:00 h. Presentación de Aprende Banda Deseñada con Fiz, de Kiko da Silva, publicado por Xerais. Ao remate sinatura de exemplares.
19:00 h. Ana Pillado Vega asina En efecto bolboreta, publicado por Fervenza, na caseta da Libraría Pedreira.
19:00 h. Miguelanxo Lar asina Latinoeuropa, na caseta do Consorcio.
19:00 h. “Os contos de Pablísimo” (3-10 anos). Contacontos da tradición oral con O Paroleiro.
19:30 h. Antonio Manuel Fraga asina O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, na caseta de Moito Conto.
19:30 h. Narciso de Gabriel asina Elisa e Marcela, na caseta da Libraría Lume.
19:30 h. Paco Nogueiras asina Radio Bule Bule e Brinca vai! na caseta da Libraría Cartabón.
19:30 h. David Rubín asina O salón de te oso malaio, na caseta da Libraría Kómic.
20:30 h. Cantos de traballo das mulleres do mar, banda sonora da novela A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto, publicado por Xerais. Ao remate sinatura de exemplares.

Domingo 11
12:00 h. Juana de Ibarbourou, O Doce Miragre, un poema que rega Rosalía de Castro? Espazo ArteAcción pola Deputación da Coruña.
13:00 h. Presentación de Partituras, de Xoán Carlos Domínguez Alberte e Mercedes Queixas, publicado por Laiovento.
18:00 h. Presentación de Na patria dos días, libro de homenaxe a Xulio López Valcárcel, publicado por Espiral Maior. Interveñen o autor, Diana Varela, Luciano Rodríguez e Miguel Anxo Fernán-Vello.
18:00 h. “Superando os nosos medos con Augusta”. Obradoiro literario con Sabela Fernández Trelles.
19:00 h. Ledicia Costas asina na caseta da Libraría Moito Conto.
19:30 h. Isabel Villanueva asina O galego mola na caseta de Hércules de Edicións.
19:45 h. Presentación de Pinturas de guerra, de Ángel de la Calle, traducido por Isabel Soto, publicado por Retranca, coa participación de Kiko da Silva.
20:00 h. Manuel Rivas asina na caseta da Libraría Moito Conto.

Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2019 para o 29 e 30 de xuño

O 30 de xuño continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Sábado 29
12:00 h. Isabel Villanueva asina O galego mola, na caseta da Libraría Don Papel.
13:00 h. Cantos de traballo das mulleres do mar, banda sonora da novela A gran travesía de Chiruca Macallás, espectáculo musical de Xurxo Souto.
13:00 h. Raquel Castro estará asinando exemplares de A formiga fóra do carreiro, publicado por Galaxia, na caseta da Libraría Pedreira.
17:30 h. Presentación de Sementes viaxeiras, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás, publicado por Embora.
18:00 h. Marcos Viturro Gómez asina Patadas na boca, na caseta da Libraría Nobel Gran Vía.
18:15 h. Presentación de Pelo de nube, de Dani Viéitez e Iria Iglesias, publicado por Embora.

Domingo 30
18:00 h. Gabriel G. Esteves asina Matrioskas na caseta da Libraría Nobel Gran Vía.
18:00 h. Concerto de presentación de Canta, miña pedra, canta, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
19:00 h. Héctor Cajaraville asina na caseta da Libraría Pedreira.

Ourense: actividades destacadas do 1 de xuño na Feira do Libro 2019

O 1 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ourense (na rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

18:00 h. Sinatura de O galego mola, de Isabel Villanueva (Isashopaholic), na caseta da Libraría Cortizas.
18:45 h. Presentación de O tempo meteorolóxico, de Miguel Robledo, publicado por A Mesa. Participa Mónica Pazos.
19:30 h. Coloquio sobre Eternos propietarios, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Tandaia (Edicións do Peirao). Participan Eladio Medel e Francisco Javier Fontela.
20:15 h. Presentación de Kallaikos. Unha viaxe á Galiza Céltica, de Francisco Boluda.