O martes 21 de outubro, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase a Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974), publicada pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos. No acto participan os responsábeis da edición, Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro, acompañados por Xosé Ramón Freixeiro Mato. Posteriormente abrirase un coloquio co público presente.
Arquivos da etiqueta: Estefanía Mosquera Castro
Outeiro de Rei: Diálogos coa obra de Manuel María na Casa de Hortas
Manuel María faría 85 anos o vindeiro 7 de outubro e a Fundación que leva o seu nome, presidida pola súa viúva, Saleta Goi, conmemorará a efeméride o sábado 4 de outubro cunha xornada de irmandade na que foi casa natal do escritor, en Outeiro de Rei, hoxe convertida desde hai algo máis dun ano en Casa-Museo. Diálogos coa obra de Manuel María na Casa de Hortas é o nome da xornada de irmandade das amigas e amigos da Fundación Manuel María que se celebrará a partir das 11 da mañá do sábado 4 no auditorio -antiga palleira -da Casa de Hortas, no corazón da vila de Outeiro.
A Fundación Manuel María ten o obxectivo de instituír, de aquí en adiante, con carácter anual este encontro arredor da data do nacemento do poeta, con vocación de o converter en espazo de encontro e diálogo das amigas e amigos da Fundación, para dar conta da actividade fundacional desenvolvida cada ano e abrir ao debate a elaboración de novas propostas e iniciativas a desenvolver no futuro.
Eis o programa da xornada:
– 11:00 h. Encontro de amigas e amigos da Fundación Manuel María de Estudos Galegos. Información sobre a actividade da Fundación e iniciativas para o 2015, a cargo de Alberte Ansede (Secretario da Fundación)-
– 11:30 h. Coloquio e propostas.
– 12:00 h. Segredos da Casa Museo Manuel María (unha visita para descubrir algúns dos fondos máis valiosos da Casa-Museo).
– 13:00 h. Presentación das últimas publicacións da Fundación (Sonetos á Casa de Hortas e Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo), a cargo de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Estefanía Mosquera Castro e Xosé Manuel Sánchez Rei, responsábeis das edicións (as persoas que asistan ao acto recibirán un destes libros editados pola Fundación e un exemplar do Terra Chá editado pola Irmandade dos Vinhos ou polo xornal chairego Terra Chá Xa!).
– 14:00 h. Peche do acto.
– 14:30 h. Xantar de irmandade.
– 17:00 h. Visita guiada á Lagoa de Cospeito e lectura de poemas de Manuel María.