Arquivos da etiqueta: Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña
A Coruña: VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, o 15 de outubro
Chegan as VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, organizadas pola Universidade da Coruña, coas que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
A actividade terá lugar o 15 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, con entrada libre e gratuíta. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente, da Facultade.
O obradoiro-coloquio contará coa presenza de:
– Icía Varela e Xosé Manuel Varela, que falarán sobre Cantareiras.
– Bea Campos, arredor de Orella pendella: obradoiro para xogar cos ditos de sempre.
A Coruña: coloquio con Paula Carballeira arredor de As alumnas, no Club de Lectura Nébeda
A Coruña: Samuel Merino no Club de Lectura Nébeda
A Coruña: VI Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Colorín colorado, faladoiro ilustrado, o 17 de outubro
A AELG colabora coas VI Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Colorín colorado, faladoiro ilustrado, actividade da Universidade da Coruña, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A actividade terá lugar o 17 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, con entrada libre e gratuíta. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire e Patricia Carballal Miñán, da Facultade.
O obradoiro-coloquio conta coa presenza de:
– Bea Gregores.
– Óscar Villán.
A Coruña: encontro literario con Marica Campo arredor de Confusión e morte de María Balteira, no Club de Lectura Nébeda
A Coruña: encontro literario con Eva Mejuto arredor de A ladroa da biblioteca de Meirás
A Coruña: V Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Prohibido calar! Bibliotecas escolares, espazo de diálogo, o 27 de outubro
A AELG colabora coas V Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Prohibido calar! Bibliotecas escolares, espazo de diálogo, actividade da Universidade da Coruña, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A actividade terá lugar o 27 de outubro, ás 16:30 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire e Patricia Carballal Miñán, da Facultade.
O obradoiro-coloquio conta coa presenza de:
– Diego López, da Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán.
– Iván Pena, da Biblioteca do CRA de Culleredo.
– Patricia Prado, da Biblioteca do CEIP San Pedro de Visma.