A Coruña: V Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Prohibido calar! Bibliotecas escolares, espazo de diálogo, o 27 de outubro

A AELG colabora coas V Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Prohibido calar! Bibliotecas escolares, espazo de diálogo, actividade da Universidade da Coruña, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A actividade terá lugar o 27 de outubro, ás 16:30 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire e Patricia Carballal Miñán, da Facultade.

O obradoiro-coloquio conta coa presenza de:
– Diego López, da Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán.
– Iván Pena, da Biblioteca do CRA de Culleredo.
– Patricia Prado, da Biblioteca do CEIP San Pedro de Visma.

II Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Contos e cantos de Tradición Oral

As II Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Contos e cantos de Tradición Oral son unha actividade coa que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Terán lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (como chegar).

7 novembro 16:30
Paula Carballeira: Reinventando a tradición oral.

13 novembro 16:30
Bea Campos: Orella pendella: obradoiro para xogar cos ditos de sempre.

A Coruña: encontro literario con Xavier Seoane

O día 5 de febreiro terá lugar un encontro literario con Xavier Seoane na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, ás 17:00 horas, na Sala Xohana Torres. Está dentro das actividades do Club literario Nébeda, coordinado por Inma Doval.

A Coruña: entrega do premio e accésit do I Concurso de Relato Curto Agustín Fernández Paz

O 23 de abril, ás 12:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, entregarase o premio e accésit do I Concurso de Relato Curto Agustín Fernández Paz, convocado pola UDC e a AELG. Estades todxs convidadxs, aproveitaremos para ler fragmentos da obra de Agustín Fernández Paz e prometemos que será un acto no que a palabra, os libros e a emoción que nos transmiten serán os protagonistas.