Do 1 ao 10 de agosto desenvolverase nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña a edición número 38 da Feira do Libro. No blog da asociación de editores lembraremos a diario as actividades convocadas e ofreceremos algúns contidos específicos. Podedes descargar a programación en PDF picando nesta ligazón.
Arquivos da etiqueta: Feira do libro
Comeza a Feira do Libro de Vigo
Este venres día 10 ás 20:30 o escritor Francisco Castro lerá o pregón da Feira do Libro de Vigo, que permanecerá aberta até o 19 de xullo na Praza de Compostela. Nos próximos días incorporaremos á axenda algunhas das actividades que se desenvolverán durante esta Feira.
Santiago: presentación dun libro de Elena Poniatowska
Hoxe xoves 7 de maio ás 20.00h na carpa da Feira do Libro de Santiago de Compostela presentarase o libro A filla do filósofo, tradución ao galego dunha serie de relatos escritos por Elena Poniatowska. No acto participarán lendo textos algúns dos tradutores e tradutoras que colaboraron na edición desta obra: Rosa Aneiros, Eva Veiga, Xabier López, Anxos Sumai e Francisco Castro. Ademais da autora estará presente Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, que publica o libro, e Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.