Alfredo Conde gaña o Premio Literario da Fundación Ángeles Terrazo coa obra A chuvia eterna

“Alfredo Conde foi escollido gañador da primeira edición do Premio Ángeles Terrazo de Novela pola súa obra A chuvia eterna. O xurado, composto por Arantza Portabales Santomé, Darío Villanueva Prieto, José Manuel Otero Lastres, Bieito Rubido Ramonde e Adolfo Domínguez Fernández, seleccionou a novela do autor galego entre máis de 200 obras recibidas.
Nado en Allariz, Alfredo Conde Cid gañou o premio cunha obra escrita en lingua galega que, desde unha perspectiva costumista, consegue evocar a vida, as tradicións e as crenzas dun territorio concreto, combinando realismo, ironía e elementos case máxicos.
A Fundación celebra especialmente que esta primeira edición recoñecese unha novela en galego, un desexo que a súa presidenta, Ángeles Terrazo, expresara desde o inicio do proxecto e que reforza o compromiso da entidade coa promoción e posta en valor da literatura en lingua galega. (…)”