O
martes 29 de marzo, ás 19:30 h., no Verbum – Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17) de Vigo, preséntase o Dicionario de surrealismo e surrealistas, de Xesús González Gómez, publicado por A Nosa Terra e a Fundación Eugenio Granell. O acto, no que participará o seu autor, será de entrada libre e gratuíta até completar aforamento (40 persoas).
Arquivos da etiqueta: Fundación Eugenio Granell
Vigo: exposición O obxecto poético e a edición, no Verbum
Do
xoves 17 de febreiro ao domingo 1 de maio, no Verbum-Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17) de Vigo, e en horario de 10:00 a 19:00 h., pódese visitar a exposición O obxecto poético e a edición. Dúas achegas dende o surrealismo. Colección da Fundación Eugenio Granell, unha incursión no surrealismo mediante un proxecto expositivo creado ad hoc para o Verbum pola Fundación Eugenio Granell. A exposición está conformada por unha coidada selección de obxectos de artistas clásicos do surrealismo internacional como Eugenio Granell, Ludwig Zelller ou Susana Wald, e de artistas vinculados ao mesmo, da talla de Marcel Duchamp, así como doutros autores e autoras que continúan hoxe en día realizando novas contribucións ao movemento. A mostra achéganos asemade á complexidade e actualidade do movemento a través dunha selección das súas publicacións. A revista surrealista é unha ferramenta fundamental para os creadores plásticos e literarios, tanto como foro válido no que debater ideas éticas e estéticas, como a modo de escaparate e sistema de difusión das súas pezas, e ás veces, tamén como único medio de edición para as súas creacións. A inauguración terá lugar o xoves 17 de febreiro ás 20:00 h.
Obradoiro de creación literaria na Fundación Granell
Nos meses de abril e maio a Fundación Eugenio Granell realizará un obradoiro de animación á lectura e á creación literaria. Será impartido por Antía Otero, quen tentará levar “a reflexión artística a un ámbito máis pedagóxico para achegalo a un público máis novo”. Para máis información: didactica@fundacion-granell.org. (Fundación Eugenio Granell)
Maratón de lectura na Fundación Eugenio Granell
Un ano máis a Fundación Eugenio Granell organiza un novo maratón de lectura no mes de maio. Este ano será dedicado a Juan Ramón Jiménez.