O Dicionario Xurídico Galego leva o premio Lois Peña Novo

“O Dicionario Xurídico Galego, editado por Xerais, foi recoñecido este ano pola Fundación Lois Peña Novo co premio que leva o nome deste galeguista. Canda a este traballo, tamén levaron premios Luís Villares, maxistrado de Lugo, e o policía local de redondela Gonzalo Amoedo. Estes galardóns, que se entregarán o vindeiro 27 de xuño no castelo de Soutomaior, recoñecen o traballo a prol da normalización do galego “nas administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral”.” Vía Cultura Galega.

Baiona: presentación de libros de Dionísio Pereira e Gonzalo Amoedo

O xoves 24 de novembro, ás 20:30 horas, na Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 20, 1º andar) preséntanse os libros Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, e A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo, publicados en Xerais. O acto está organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

Vigo: presentación de A memoria e o esquecemento, de Gonzalo Amoedo

O martes 10 de maio, ás 20:00 horas,  na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase o libro A memoria e o esquecemento. O franquismo na provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo López. O acto, organizado pola Asemblea Republicana de Vigo, a Casa do Libro e Edicións Xerais, contará coa participación de Celso López Pazos, Xosé Manuel García Crego e do propio autor.