Arquivos da etiqueta: IES Valle-Inclán Pontevedra
Pontevedra: presentación de Roxe de Sebes. Mil días na montaña, de Ignacio Castro Rey
Pontevedra: presentación de Nais, de Charo Valcárcel
Presentación de Nais, de Charo Valcárcel
Pontevedra: presentación de Comandantes e familiares, de Xavier Alcalá
Pontevedra: presentación de Cando os bosques sintan frío, de Charo Valcárcel
Pontevedra: actividades previstas para o Festival de Poesía Ponte Poética 2016, desde o venres 15
Pontevedra: actividades previstas para o Festival de Poesía Ponte Poética 2016
Pontevedra: presentación conxunta de Nena e o mar, de Érica Esmorís; Europa Express, de Andrea Maceiras e De remate, de Héctor Cajaraville
O
venres 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra, o Ateneo de Pontevedra e Edicións Xerais organizan a presentación conxunta de Nena e o mar, de Érica Esmorís, Europa Express, de Andrea Maceiras e De remate, de Héctor Cajaraville. No acto, xunto ás autoras e ao autor, participan Anxo González Guerra, Daniel Landesa, Anxos Rial e Manuel Bragado.
#EuSonRosalía: IES Valle-Inclán de Pontevedra
Co
cancelo #EuSonRosalía a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón celebrar o Día de Rosalía de Castro 2015 convidando os centros escolares, institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os particulares que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”
A idea é que os lugares nos que se filme esa breve declaración, de contido libre e persoal, sexan escenarios da vida cotiá, de ser posíbel, especialmente os ámbitos laborais, en conexión con boa parte da poesía rosaliana, vinculada ao traballo e á vida diaria.
Envíanos o teu vídeo ou a ligazón ao mesmo a oficina@aelg.org!
Este é o vídeo do IES Valle-Inclán de Pontevedra.






