Desde Galaxia:
“María Rei Vilas gaña o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca, na categoría literatura galega, pola súa obra Flores de ferro, Premio García Barros 2020.
O xurado do galardón impulsado desde o IES Rosalía de Castro de Santiago estivo formado por alumnado dunha decena de centros. Este ano, para seleccionar ás gañadoras e gañadores, ademais do instituto anfitrión, participaron, votando a súa obra favorita, o alumnado dos centros IES Pontepedriña, da capital galega; así como o Xulián Magariños (Negreiros), o Vilar Ponte (Lugo), o IES Pintor Colmeiro (Silleda), e o Ferro Couselo (Ourense).
Os membros do xurado destacaron que a obra gañadora contén unha trama “moi complexa”, que se desenvolve en “dous espazos temporais”, poñendo en valor o papel fundamental das mulleres. A novela de María Rei Vilas caracterízase por ser un retrato de mulleres loitadoras, no contexto da Guerra Civil.
Cun destacado protagonismo feminino, este libro, publicado na colección Literaria de Editorial Galaxia, conta a historia de Camila. Unha muller que leva décadas vivindo unha mentira baixo a complicidade dos que a rodean. A protagonista, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade, neste relato onde que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo. (…)”
Arquivos da etiqueta: IES Xulián Magariños de Negreira
Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (IX)
24. Queridiña dos meus ollos (IES de Salvaterra de Miño)
O vídeo pode visualizarse aquí
25. A Roberto Robert redactore da Discusion, a quen lle gustan os contos i o gallego (IES Xulián Magariños, Negreira)
26. -Meniña, ti a máis hermosa (CEIP Belesar, Baiona)
Vídeo do IES Xulián Magariños, de Negreira, para incorporar ao Día de Rosalía 2013 no ensino
Centros escolares colaboradores no Día de Rosalía de Castro 2013 (V)
Dentro das actividades do Día de Rosalía de Castro 2013, organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o venres 22 de febreiro terá lugar en múltiples centros de ensino a inclusión, nese día de actividades escolares, de lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que serán divulgadas posteriormente no noso espazo web para darlles visibilidade social.
Continuamos coa publicación diaria daqueles centros que participan nesta actividade, aos que agradecemos enormemente o interese e dispoñibilidade das súas comunidades escolares:
– Non che digo nada: Colexio Jaime Balmes, Noia.
– Mais ó que ben quixo un día: CPI O Feal, Narón.
– Castellana de Castilla: IES Miguel Ángel González, O Carril, Vilagarcía de Arousa.
– Queridiña dos meus ollos: IES Salvaterra de Miño.
– A Roberto Robert redactore da Discusión, a quen lle gustan os contos i o gallego: IES Xulián Magariños, Negreira.