O 9 de xuño finaliza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 8
– 18:30 h. Concerto-presentación de Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
Domingo 9
– 12:00 h. Sinatura de Vicus. Un lugar do común, de Beato Luces, na caseta da Libraría Hijos de Amador Pérez.
– 13:00 h. Cantos de traballo das mulleres do mar, banda sonora da novela A gran travesía de Chiruca Macallás, espectáculo musical de Xurxo Souto.
– 18:30 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, publicado por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta da Secretaría.