Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2019: Xurxo Souto, Da Casa do Remo á illa do Paraíso

Os Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2019 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
Estes Paseos constitúen unha iniciativa para coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.
Están destinados a persoas maiores de 16 anos e son gratuítos. É necesaria a inscrición, pois están limitados a 55 prazas.

A inscrición pódese facer na conserxaría do Centro Ágora, chamando ao 981 189 888 (a partir das 9:00 horas, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es, nas seguintes datas:
Xurxo Souto. Inscrición desde o luns 29 de abril.

Sábado 11 de maio (a partir das 12:00 h.): Xurxo Souto. Da Casa do Remo á illa do Paraíso. Inscrición desde o luns 29 de abril.
Desde a Cidade Vella, cara á contorna da Torre agárdanos a rocha dos Macallás. Un reencontro -e ás veces descuberta- de xeografías moi próximas, para atopármonos, alén de Chiruca, con outras moitas mulleres do Mar: Laura Coído, da Casa do Remo; a redeira Anónima Maragota, ou a serea negra, Mamí Watá.

Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2019

Antonio Manuel Fraga. Inscrición desde o luns 11 de marzo.
Lucía Aldao. Inscrición desde o luns 18 de marzo.
Eli Ríos. Inscrición desde o luns 15 de abril.
Xurxo Souto. Inscrición desde o luns 29 de abril.

Sábado 23 de marzo (a partir das 12:00 h.): Antonio Manuel Fraga. Un bestiario en Oza. Inscrición desde o luns 11 de marzo.
O bestiario científico de Anxos Nogueirosa evoca a lembranza do pretérito soñado. É un libro que nace da fascinación por un lugar, o antigo Sanatorio Marítimo de Oza; e por un tempo, o período no que albergou colonias escolares. É, tamén, un encontro coas persoas que o transitaron, que o viviron para despois contalo. Neste paseo entreteceremos, logo, a ficción e a memoria; o papel e o territorio.

Sábado 30 de marzo (a partir das 12:00 h.): Lucía Aldao. Todo isto antes era noite (coruñesa). Inscrición desde o luns 18 de marzo.
O bo dos libros de poemas é que adoitan ofrecer numerosas lecturas, case tantas coma lectoras hai. Á poeta non lle queda outra que aceptalas e agradecelas todas, pero pode que nalgunha ocasión lle dean a oportunidade de contar a súa versión, a súa propia lectura do mapa. Chegado ese momento pode, incluso, que decida contar a verdade.

Sábado 27 de abril (a partir das 12:00 h.): Eli Ríos. DX ou a Elviña de 2030. Inscrición desde o luns 15 de abril.
Seguindo as liñas de DX faremos un roteiro no que camiñaremos os espazos físicos da novela. Ademais, viaxaremos ata a noitevella de 2019 para descubrir que agocha o futuro. Unha viaxe espazo-temporal está á túa espera na Chousa do Cura.

Sábado 11 de maio (a partir das 12:00 h.): Xurxo Souto. Da Casa do Remo á illa do Paraíso. Inscrición desde o luns 29 de abril.
Desde a Cidade Vella, cara á contorna da Torre agárdanos a rocha dos Macallás. Un reencontro -e ás veces descuberta- de xeografías moi próximas, para atopármonos, alén de Chiruca, con outras moitas mulleres do Mar: Laura Coído, da Casa do Remo; a redeira  Anónima Maragota, ou a serea negra, Mamí Watá.

A Coruña: presentación de A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto

A cuarta feira 16 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Repichoca (Rúa Orillamar, 13, baixo), na Coruña, terá lugar a Romaría de San Amaro pequeno, con sesión de cantos de traballo das mulleres do mar e a presentación de A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto, publicada por Xerais.