O venres  29 de outubro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e dentro do ciclo Lingua, Literatura e Nación da A. C. O Facho, José-Maria Monterroso Devesa falará sobre Os nosos apelidos galego-portugueses. Ten ditado conferéncias aquén e alén mar, no Brasil (con motivo do irmanamento Coruña-Recife), no Uruguai, na Arxentina (Buenos Aires, La Plata, Rosario) e en Santiago de Chile nas últimas décadas acerca da matéria xenealóxica e onomástica (froito dos seus estudos sobre antepasados galegos de familias rioplatenses e máis centrándose nos apelidos galaico-portugueses espallados polo mundo).
29 de outubro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e dentro do ciclo Lingua, Literatura e Nación da A. C. O Facho, José-Maria Monterroso Devesa falará sobre Os nosos apelidos galego-portugueses. Ten ditado conferéncias aquén e alén mar, no Brasil (con motivo do irmanamento Coruña-Recife), no Uruguai, na Arxentina (Buenos Aires, La Plata, Rosario) e en Santiago de Chile nas últimas décadas acerca da matéria xenealóxica e onomástica (froito dos seus estudos sobre antepasados galegos de familias rioplatenses e máis centrándose nos apelidos galaico-portugueses espallados polo mundo).
Arquivos da etiqueta: José-María Monterroso Devesa
A Coruña: Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 17 de decembro terá lugar a celebración da Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor. Na mesma terá lugar a intervención poética de diversos integrantes desta xeración como Lino Braxe, Manuel Rivas, Miguel Mato, José Devesa, Miguel Anxo Fernán Vello, Xulio L. Valcarcel ou Xavier Seoane. O acto será presentado por Consuelo Bautista e durante o mesmo presentarase un libro e cd homenaxe a esta xeración poética. Será no teatro Rosalía de Castro, ás 20:30 h. con entrada gratuíta.
A Coruña: José-María Monterroso Devesa presenta a súa nova obra
Mañá xoves 28 de maio na Libraría Couceiro da Coruña (na Praza do Libro) terá lugar a presentación do libro Mil e pico de nomes galegos do Uruguai de José-María Monterroso Devesa. O acto estará conducido polo profesor Luís Pérez e comezará ás 20:30.
 
							
