Entrevista a David Rubín e Kike Benlloch en Praza:
“Nunha entrevista recente, David Rubín referíase a Uxío Novoneyra: A voz herdada, coma a súa obra “fantasma”. O álbum, froito da colaboración entre Rubín e o guionista Kike Benlloch, foi publicado pola Xunta de Galicia en 2010, ano no que o Día das Letras Galegas estaba dedicado ao poeta do Courel. O feito de non contar cunha distribución comercial limitou a difusión da obra, sendo hoxe un título escasamente coñecido tanto dentro coma fóra de Galicia. Nas seguintes liñas os autores conversan sobre como foi o proceso de elaboración da obra e o que aconteceu coa súa posterior distribución. Ambos amósanse moi satisfeitos co seu traballo e non descartan unha futura reedición.
– Praza (P): Como xurdiu a idea de facer un cómic centrado na figura de Uxío Novoneyra?
– David Rubín (DR): O proxecto de facer un cómic sobre Novoneyra foi da Xunta. Propuxéronmo a min e a varios autores máis. Avisei a Kike e convideino a traballar xuntos nisto, xa que me apetecía volver colaborar con el. Preparamos un dossier coa proposta do álbum e enviámolo no prazo marcado. Pouco despois dixéronnos que a nosa proposta era a que ía adiante e puxémonos a traballar no álbum.
– P: Como foi o reparto de tarefas entre vós?
– DR: Cando lle propuxen que colaboraramos, Kike presentoume dúas ou tres propostas argumentais para pór en marcha o proxecto e eu elixín esta.
– Kike Benlloch (KB): Eu fixen o guión e David todo o aparato gráfico, desde deseño de personaxes, composición de pranchas, deseño a lapis, tinta, cor, maqueta. Non sei se houbo algún detalle argumental no que David contribuíu, penso que maiormente non. Igual que no sentido contrario, non sei, talvez nun par de páxinas eu lle fixen un bosquexo a David porque tiña claro algún efecto que quería na montaxe de páxina. Mais estes cruzamentos, que noutros traballos son frecuentes, aquí foron escasos. Digamos que A voz herdada é un caso bastante paradigmático de guión dun autor e deseño doutro. (…)”.
Arquivos da etiqueta: Kike Benlloch
Número 5 da revista Búsola
Chega o número 5, correspondente a 2011, da revista Búsola, editada no Valadouro, que conta coas colaboracións de Javier Ramirez, Miguel Alonso, Ledicia Costas, Casto Rivadulla, Inés Liste, Eduardo Maroño, Estela Insúa, Yago García e Kike Benlloch.
A Coruña: programa do domingo 8 de agosto na Feira do Libro
19.00 h. Presentación do cómic Uxío Novoneyra: A voz herdada, de Kike Benlloch (textos) e David Rubín (debuxos), publicado pola Consellería de Cultura e Turismo.
19.30 h. A escritora Cristina Gufé firmará exemplares do seu libro 99 cartas a Kafka, publicado por Sial Ediciones.
20.00 h. Presentación do libro Zampadanzas, do colectivo de baile Pé de chumbo, publicado por Edicións do Cumio.
20.30 h. A escritora Leticia Sánchez Ruíz firmará exemplares da súa novela Los libros luciérnaga, gañadora do IX Premio Internacional Emilio Alarcos de novela, publicado pola editorial Algaida.
21.00 h. Presentación do libro Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela da escritora Carmen Blanco, publicado en Toxosoutos. Xunto coa autora, participarán no acto a escritora Luz Pozo Garza e David González Couso, director da editorial.