O sábado 3 de decembro, no Clube do Mar da Coruña, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a I Xornada da Gaita no Mar. O programa é o seguinte:
– 17:30 h. Xurxo Souto fará un relatorio sobre os Gaiteiros do mar, no que poñerá de manifesto cal foi e segue sendo o importante papel destes gaiteiros.
– 18:15 h. Proxección do documental Dos gaiteiros do mar, codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas e producido por Borneira Audiovisual, que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia.
– 19:00 h. Actuación do grupo “Os Gaiteiros do Mar”, formado por Manolo de Donón e Lito de Pinténs (gaitas), Feliciano de Donón (tamboril), Manuel Martínez Santomé (bombo) e o Peix de Aldán (percusións varias), que ofrecerán un concerto para o peche da xornada.
Arquivos da etiqueta: Lito de Pinténs
Cangas: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O xoves 12 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Maraxe de Cangas (Avenida de Marín, 9), preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, que contará coa participación do propio autor, inclúe a presentación do proxecto documental Os gaiteiros do mar (en homenaxe aos gaiteiros de Cangas Lito de Pinténs e Manoliño de Donón).