Lugo a Versos 2024


A AELG colabora con Lugo a Versos 2024, actividade da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e o Centro Sociocultural O Vello Cárcere de Lugo.

No mes de marzo damos a benvida á IV edición de Lugo a Versos, a campaña de O Vello Cárcere para celebrar o Día Internacional da Poesía.

Este proxecto ten o obxectivo de conmemorar e divulgar a rica poesía galega, de forma presencial e virtual. A campaña que inicia na vindeira semana estará aberta a toda a cidadanía e contará coa vosa participación nas redes sociais e no recital que irá acontecer o día 21 de marzo ás 18:00 h, no panóptico do Centro.

Bases de participación na dinámica virtual #LugoaVersos: A dinámica virtual dará comezo o 14 e rematará o 21 de marzo. Durante eses días, as persoas interesadas en participar deberán subir ás súas redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter) un vídeo ou audio recitando poesía, ou ben unha imaxe compartindo un poema galego en formato texto. Cada poema deberá ir acompañado do título e da autoría correspondente (que pode ser propia ou non). Todos os vídeos, audios ou imaxes que formen parte desta iniciativa deberán ir acompañados dos cancelos #OVelloCarcere e #LugoaVersos, e etiquetar os perfís de O Vello Cárcere (Facebook, Instagram ou Twitter).

Bases de participación no recital “Lugo a Versos” no panóptico do Centro: O recital de poesía terá lugar o xoves 21 de marzo ás 18:00h e as inscricións estarán abertas do luns 18 ata o mércores 20 ás 18.00h. As persoas interesadas en recitar deberán inscribirse a través do correo vellocarcere@lugo.gal indicando nome, apelidos, número de teléfono, e poñendo no asunto do correo ‘Recital Lugo a Versos 2024’. Durante o evento, e previa autorización das persoas participantes, gravaranse as intervencións co fin de ser posteriormente publicadas na nosa canle de Youtube e promocionadas a través das redes sociais. O acto estará aberto ao público ata completar cabida. Convidámosvos a eternizar connosco esta festa da poesía que é “Lugo a Versos”!

Lugo a Versos 2023

A AELG colabora con Lugo a Versos 2023, actividade da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e o Centro Sociocultural O Vello Cárcere de Lugo.

Achégase o Día Mundial da Poesía, e con el, o noso xa tradicional “Lugo a Versos”!

Esta actividade, aberta a toda a cidadanía, ten como principal obxectivo tecer unha rede de poesía galega vencellada ao Cárcere tanto no eido virtual como presencial. Por iso, durante a vindeira semana, encheremos as redes sociais coas propostas recibidas, e finalmente organizaremos un recital de poesía no panóptico do Centro.

→ Bases de participación na dinámica virtual #LugoaVersos:
– A dinámica virtual dará comezo o luns 20 e rematará o sábado 25 de marzo.
– Durante eses días, as persoas interesadas en participar deberán subir ás súas redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter) un vídeo recitando poesía, ou ben unha imaxe compartindo un poema en formato texto.
– Cada poema deberá ir acompañado do título e da autoría correspondente (que pode ser propia ou non).
– Todos os vídeos ou imaxes que formen parte desta iniciativa deberán ir acompañados dos cancelos #OVelloCarcere e #LugoaVersos, e etiquetar os perfís de O Vello Cárcere (Facebook, Instagram ou Twitter).

→ Bases de participación no recital “Lugo a Versos” no panóptico do Centro:
– O recital de poesía terá lugar o sábado 25 de marzo ás 18:00 h. no Vello Cárcere.
– As persoas interesadas en recitar deberán inscribirse nunha listaxe de participantes chamando ao 982297195, entre o luns 20 e o venres 24 de marzo ás 18:00 h.
– Durante o evento, e previa autorización das persoas participantes, gravaranse as intervencións co fin de ser posteriormente publicadas na nosa canle de Youtube e promocionadas a través das redes sociais.
– O acto estará aberto ao público ata completar cabida.

Convidámosvos a participar nesta festa da poesía que é “Lugo a Versos”!