O venres 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participarán Luís Manuel García Mañá, Xosé M. Núñez Seixas (LMU, Múnich), que intervirá a través de skype, Fran Alonso e o autor. Haberá acompañamento musical de José Luis Fernández Carnicero.
Arquivos da etiqueta: Luís Manuel García Mañá
Goián, Tomiño: nomeamento oficial de Xosé Luís Franco Grande como fillo predilecto de Tomiño
O sábado 14 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Goián, celebrarase o acto polo que o Concello de Tomiño fai oficial o nomeamento do escritor Xosé Luís Franco Grande como fillo predilecto do municipio. Á cita acudirán numerosos nomes coñecidos, como Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Villares, Teresa Conde-Pumpido, Luis Manuel García Mañá, Carlos Varela García ou Xosé Manuel Beiras. Vía Galaxia. Recensión en Galicia Hoxe.
Isaac Xubín gaña o premio literario Os Viaductos
“O premio literario de relatos curtos en galego Os Viaductos recalou este ano no filólogo coruñés Isaac Xubín, quen gañou 1200 euros e a publicación da obra presentada, titulada Le pied de Julien Dupuy. O novo autor explicou que o conto, de apenas seis páxinas, “narra a vida de tres persoas en Francia, en tres relatos diferentes unidos por un pano de fondo que é o deporte do rugbi”. O xurado do certame tamén recoñeceu os traballos de Pedro Feijóo Barreiro (O segredo do viaducto) e Alberto Rodríguez (Contradanza para dous coellos). A entrega de premios deste prestixioso concurso literario para mozos tivo lugar o sábado pasado na Casa da Torre, coa asistencia do escritor e académico da Real Academia Galega e xefe de Policía de Galicia, Luís García Mañá, o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, o alcalde Javier Bas e o concelleiro de Cultura Alberto Pazos”. Vía Bibliotecas de Redondela.
Ourense: Auria, pregón de Xosé Carlos Caneiro e relatorio de Luís García Mañá
Dentro das actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o domingo 10 de outubro comeza a Feira do Libro, con entrada libre e de balde, en horario de 12:00 a 14:30 h. pola mañá e de 17:00 a 22:00 h. polas tardes. No programa literario destacan os seguintes actos:
12:00 h. Acto oficial de inauguración, con pregón a cargo de Xosé Carlos Caneiro.
19:00 h. Relatorio: Nazis en Galicia, material literario, a cargo de Luís Manuel García Mañá.
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.
A Coruña: presentación de O grito do Ipiranga, de Luís Manuel García Mañá
Mañá venres, 23 de abril, ás 19:00 horas na sede da Fundación Barrié da Coruña (Cantón Grande nº 9) presentarase a novela de Luís Manuel García Mañá O grito do Ipiranga. No acto acompañarán ao autor, José María Barja Pérez (Reitor da Universidade da Coruña), Xosé Luís Axeitos Agrelo (secretario da Real Academia Galega) e o editor Manuel Bragado (Xerais).