O
venres 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do Candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase Perdemos o tren, de Manuel Monge, publicado en Difusora. No acto, con entrada libre e gratuíta, participará o propio autor do libro.
Arquivos da etiqueta: Manuel Monge
Betanzos: presentación de Perdemos o tren, de Manuel Monge
Monforte: acto destacado do mércores 20 na Feira do Libro
O
mércores 20 de agosto comeza a Feira do Libro de Monforte (na rúa Cardeal, con horario neste primeiro día de 18:00 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destaca o seguinte:
– 20:00 h. Manuel Monge presenta o seu libro Perdemos o tren. As claves políticas do atraso, publicado pola editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.
Cecebre, Cambre: presentación de A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge
Cacheiras (Teo): presentación de A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge
O
venres 1 de xullo, ás 20:30 horas, na Mediateca Municipal O Grilo de Cacheiras (Teo), preséntase o libro A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge, publicado en Laiovento, dentro das actividades que A Oliveira de Teo realiza para a recuperación da Memoria Histórica. No acto participará, acompañando ao autor, Francisco Pillado.
Sada: presentación de A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge
Ferrol: presentación de A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge
O
xoves 3 de febreiro, a partir das 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, preséntase o libro A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge, publicado en Laiovento. No acto participan, acompañando ao autor, Francisco Pillado e Eliseo Fernández.
A Coruña: presentación de A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge
O
mércores 15 de decembro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, s/n.) da Coruña, preséntase o libro A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge, publicado en Laiovento. No acto participan, co autor, Francisco Pillado e Manuel Rivas.


