O luns 3 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Branca Novoneyra e o poeta brasileiro Márcio-André.
Arquivos da etiqueta: Márcio-André de Sousa
Santiago: recital Picaversos, Aventura
O martes 26 de marzo, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Aventura, coa participación de Anxo Angueira, Silvia Penas e Márcio-André.
Márcio-André: palestra Os modos de inovação da poesia brasileira contemporânea
Poematiza IV: Conferencia-performance de Márcio André
O día 24 de maio, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, terá lugar unha conferencia-performance do poeta e músico brasileiro Márcio-André de Sousa co título Ensaios radioactivos, onde lerá o seu libro recentemente publicado e falará da poesía sonora e visual da actualidade no Brasil. O acto está organizado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e de Tradutoloxía (GAELT, FG3) e Discursos non líricos na poesía contemporánea (DINOLIPOE, proxecto financiado polo MCI)