A Coruña: XI Xornada da Sección de Literatura Dramática. IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026. Galiza + Portugal, na Coruña

A XI Xornada da Sección de Literatura Dramática. IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026. Galiza + Portugal é unha actividade organizada pola AELG co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, Deputación Provincial da Coruña e Camões-Centro Cultural Português em Vigo.

Desde sempre, as artes vivas, especialmente o teatro, tamén a danza e o circo, utilizan o movemento, a emoción e, en moitos casos, a acción verbal, a palabra, para contestar, reivindicar, apuntar ou interrogar á comunidade que congregan, sobre aspectos fundamentais da actualidade.

Co paso do tempo, démonos conta de que o impulso necesario debía poñerse no apoio e fomento de novos proxectos escénicos a través dunha convocatoria e mostra dos mesmos, dentro dunha xornada para compartir, analizar e debater. Así naceu, no seo das xornadas, o Festival Pezas dun Teatro do Porvir: Galiza + Portugal. Trátase dun festival único en Galiza, para impulsar e analizar pezas que están en proceso de creación e que buscan abrir e compartir ese proceso con outras persoas, cun público, e con especialistas en artes escénicas. Ao mesmo tempo, tamén se procura tender pontes, dentro do Eixo Atlántico peninsular, coa veciña Portugal.

En todas as edicións deste evento sempre puxemos especial atención en dedicar un espazo para traer algunha personalidade relevante do mundo das artes escénicas que nos brinde o seu coñecemento sobre algún aspecto candente ou de actualidade. Ademais, esa personalidade tamén é convidada a ver e, se así o considera, intervir nas conversas de análise sobre cada un dos proxectos escénicos seleccionados, participando, incluso, no Xurado que vai valorar a posibilidade de premiar coa estrea nun teatro un dos proxectos presentados no Festival.

Por tanto, dentro do programa incluímos unha Masterclass sobre un tema relevante. Para esta edición de 2026 propoñemos o tema “MEMORIA E ACCIÓN” a cargo da dramaturga e directora de escena María Goiricelaya.

A actualidade parece marcarnos o ritmo, cada vez máis acelerado e trepidante cara a ningures, porque non temos tempo de pensar nin de lembrar. O ruído informativo e a anestesia dixital, a través de videoxogos e horas de “scroll” nas redes sociais, atrofian os nosos sentidos. Todo ten que ser para xa, inmediato. Non hai tempo para volver a vista atrás. De repente, alguén nos advirte de que a historia se repite, de que é un ciclo, mentres asistimos a invasións, ao quebrantamento das regras de xogo democráticas, ao masacre a gran escala, a que os dereitos humanos sexan debatibles, periguen ou sexan, directamente, violentados.

Preguntámonos pola importancia da historia e da memoria, como espazos nos que quizais encontrar algunhas claves do porvir.

Preguntámonos se os escenarios teatrais, cos seus tempos demorados, e a dramaturxia como a arte de manexar a atención, poderían facernos recordar incluso o que non temos vivido, imaxinado ou soñado.

As artes escénicas fíncanse no presente e na presencialidade, no compartir un tempo e un xogo. Preguntámonos como unhas artes tan presentistas poden traer a memoria histórica e as memorias persoais e sociais aos palcos e activalas, converténdoas en acción para traer luz que nos permita enxergar o futuro.

IX FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR, GALIZA + PORTUGAL 2026

Estímulo para as creadoras e creadores que, nestes momentos, están a escribir ou a bosquexar algún tipo de peza para os escenarios. Cómpre facilitar, visibilizar, abrir espazos de encontro para compartir eses procesos de creación e para encontrar unha complicidade e un diálogo que poida potenciar esas pezas en construción. Ademais, queremos procurar o diálogo coas inquedanzas que, neste ámbito, podemos compartir coas dramaturgas e dramaturgos de Portugal, reforzando os lazos de irmandade que se remontan á orixe común da nosa lingua.

Nesta oitava edición do festival acollemos 7 proxectos (4 galegos e 3 portugueses), que foron mostrados e compartidos en público.

Desa selección, logo das presentacións no VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal, a comisión organizadora da AELG, con Afonso Becerra, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña e Célia Guido Mendes, en representación do Camões-Centro Cultural Portugués em Vigo;  Fabrice Corrons, especialista en teatro contemporáneo e profesor na Universidade de Toulouse; contando co voto emitido polos propios participantes, premiarán proxecto(s) coa posibilidade da súa estrea posterior. Non obstante, este premio podería quedar deserto, se o xurado así o considerase.

Terá lugar o domingo 25 de outubro de 2026 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A entrada é libre e gratuíta para calquera persoa interesada que queira acudir como público.

PROGRAMA

DOMINGO 25 DE OUTUBRO DE 2026

No Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Entrada libre.

– 10:00 h. Apertura da Xornada a cargo de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e representantes das institucións colaboradoras.

IX Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática (mañá).

– 10:30 h. Jimmy Núñez. A casa do avó.

– 11:00 h. Intervalo.

– 11:15 h. Diana Longa e Javier Villamil. Xineceo.

– 11:45 h. Intervalo.

– 12:00 h. Altea Piñeiro. A última cea.

– 12:30 h. Intervalo.

– 12:45 h. Aula maxistral Memoria e Acción, a cargo de María Goiricelaya.

IX Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática (tarde).

– 16:30 h. Clara Zamorano. Crescer, Dói!

– 17:00 h. Intervalo.

– 17:15 h. Paulo Narciso. Gordot.

– 17:45 h. Intervalo.

– 18:00 h. Rafael Ferreira. As Bacantes.

– 18:30 h. Intervalo.

– 18:45 h. Silvia Penas e Samuel Merino. Barreira para peles sensibles.

– 19:30 h. Inicio do proceso de deliberación, por parte do Comité de Selección do Festival, formado por Afonso Becerra de Becerreá, Vogal de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, Director do Teatro Rosalía Castro da Coruña e Membro da Xunta Directiva de La Red do Estado español, Célia Guido Mendes, en representación do Camões-Centro Cultural Portugués em Vigo; Fabrice Corrons, especialista en teatro contemporáneo e profesor na Universidade de Toulouse; contando cos votos emitidos polas/os creadoras/es dos proxectos escénicos presentados, que será dada a coñecer nos días seguintes á Xornada.

A Coruña: XI Xornada da Sección de Literatura Dramática. IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026. Galiza + Portugal

A XI Xornada da Sección de Literatura Dramática. IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026. Galiza + Portugal é unha actividade organizada pola AELG co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, Deputación Provincial da Coruña e Camões-Centro Cultural Português em Vigo.

Desde sempre, as artes vivas, especialmente o teatro, tamén a danza e o circo, utilizan o movemento, a emoción e, en moitos casos, a acción verbal, a palabra, para contestar, reivindicar, apuntar ou interrogar á comunidade que congregan, sobre aspectos fundamentais da actualidade.

Co paso do tempo, démonos conta de que o impulso necesario debía poñerse no apoio e fomento de novos proxectos escénicos a través dunha convocatoria e mostra dos mesmos, dentro dunha xornada para compartir, analizar e debater. Así naceu, no seo das xornadas, o Festival Pezas dun Teatro do Porvir: Galiza + Portugal. Trátase dun festival único en Galiza, para impulsar e analizar pezas que están en proceso de creación e que buscan abrir e compartir ese proceso con outras persoas, cun público, e con especialistas en artes escénicas. Ao mesmo tempo, tamén se procura tender pontes, dentro do Eixo Atlántico peninsular, coa veciña Portugal.

En todas as edicións deste evento sempre puxemos especial atención en dedicar un espazo para traer algunha personalidade relevante do mundo das artes escénicas que nos brinde o seu coñecemento sobre algún aspecto candente ou de actualidade. Ademais, esa personalidade tamén é convidada a ver e, se así o considera, intervir nas conversas de análise sobre cada un dos proxectos escénicos seleccionados, participando, incluso, no Xurado que vai valorar a posibilidade de premiar coa estrea nun teatro un dos proxectos presentados no Festival.

Por tanto, dentro do programa incluímos unha Masterclass sobre un tema relevante. Para esta edición de 2026 propoñemos o tema “MEMORIA E ACCIÓN” a cargo da dramaturga e directora de escena María Goiricelaya.

A actualidade parece marcarnos o ritmo, cada vez máis acelerado e trepidante cara a ningures, porque non temos tempo de pensar nin de lembrar. O ruído informativo e a anestesia dixital, a través de videoxogos e horas de “scroll” nas redes sociais, atrofian os nosos sentidos. Todo ten que ser para xa, inmediato. Non hai tempo para volver a vista atrás. De repente, alguén nos advirte de que a historia se repite, de que é un ciclo, mentres asistimos a invasións, ao quebrantamento das regras de xogo democráticas, ao masacre a gran escala, a que os dereitos humanos sexan debatibles, periguen ou sexan, directamente, violentados.

Preguntámonos pola importancia da historia e da memoria, como espazos nos que quizais encontrar algunhas claves do porvir.

Preguntámonos se os escenarios teatrais, cos seus tempos demorados, e a dramaturxia como a arte de manexar a atención, poderían facernos recordar incluso o que non temos vivido, imaxinado ou soñado.

As artes escénicas fíncanse no presente e na presencialidade, no compartir un tempo e un xogo. Preguntámonos como unhas artes tan presentistas poden traer a memoria histórica e as memorias persoais e sociais aos palcos e activalas, converténdoas en acción para traer luz que nos permita enxergar o futuro.

IX FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR, GALIZA + PORTUGAL 2026

Estímulo para as creadoras e creadores que, nestes momentos, están a escribir ou a bosquexar algún tipo de peza para os escenarios. Cómpre facilitar, visibilizar, abrir espazos de encontro para compartir eses procesos de creación e para encontrar unha complicidade e un diálogo que poida potenciar esas pezas en construción. Ademais, queremos procurar o diálogo coas inquedanzas que, neste ámbito, podemos compartir coas dramaturgas e dramaturgos de Portugal, reforzando os lazos de irmandade que se remontan á orixe común da nosa lingua.

Nesta oitava edición do festival acollemos 7 proxectos (4 galegos e 3 portugueses), que foron mostrados e compartidos en público.

Desa selección, logo das presentacións no VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal, a comisión organizadora da AELG, con Afonso Becerra, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña; Célia Guido Mendes, en representación do Camões-Centro Cultural Portugués em Vigo; e Fabrice Corrons, especialista en teatro contemporáneo e profesor na Universidade de Toulouse; contando co voto emitido polos propios participantes, premiarán proxecto(s) coa posibilidade da súa estrea posterior. Non obstante, este premio podería quedar deserto, se o xurado así o considerase.

Terá lugar o domingo 25 de outubro de 2026 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A entrada é libre e gratuíta para calquera persoa interesada que queira acudir como público.

PROGRAMA

DOMINGO 25 DE OUTUBRO DE 2026

No Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Entrada libre.

– 10:00 h. Apertura da Xornada a cargo de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e representantes das institucións colaboradoras.

IX Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática (mañá).

– 10:30 h. Jimmy Núñez. A casa do avó.

– 11:00 h. Intervalo.

– 11:15 h. Diana Longa e Javier Villamil. Xineceo.

– 11:45 h. Intervalo.

– 12:00 h. Altea Piñeiro. A última cea.

– 12:30 h. Intervalo.

– 12:45 h. Aula maxistral Memoria e Acción, a cargo de María Goiricelaya.

IX Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática (tarde).

– 16:30 h. Clara Zamorano. Crescer, Dói!

– 17:00 h. Intervalo.

– 17:15 h. Paulo Narciso. Gordot.

– 17:45 h. Intervalo.

– 18:00 h. Rafael Ferreira. As Bacantes.

– 18:30 h. Intervalo.

– 18:45 h. Silvia Penas e Samuel Merino. Barreira para peles sensibles.

– 19:30 h. Inicio do proceso de deliberación, por parte do Comité de Selección do Festival, formado por Afonso Becerra de Becerreá, Vogal de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, Director do Teatro Rosalía Castro da Coruña e Membro da Xunta Directiva de La Red do Estado español, Célia Guido Mendes, en representación do Camões-Centro Cultural Portugués em Vigo, e Fabrice Corrons, especialista en teatro contemporáneo e profesor na Universidade de Toulouse; contando cos votos emitidos polas/os creadoras/es dos proxectos escénicos presentados, que será dada a coñecer nos días seguintes á Xornada.

Charo Lopes, XXIII premio González Garcés de Poesía

Desde a Deputación da Coruña:
“Charo Lopes (Boiro, 1988) é a gañadora do XXIII Premio González Garcés de Poesía, convocado pola Deputación da Coruña, coa obra O diálogo das siamesas, presentada baixo o seudónimo de María Dolores Oliveira.
A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado, formado por autoras e autores galegos de recoñecido prestixio e que representan diferentes xeracións da poesía galega actual: Marta Dacosta, Daniel Salgado, Silvia Penas, Jesús Castro e Estíbaliz Espinosa Río. Como secretaria actuou Manuela Muñiz Souto, xefa da área provincial de Cultura.
Da obra premiada, das 72 que concorreron ao certame, o xurado destacou que é “un relato actual do mundo, do presente, que supera a experiencia persoal, o cotián e os grandes temas con eficacia”. O comité avaliador valou “a construción dunha voz bicéfala con retranca e humor negro que indaga na dualidade, na negociación interna”. “A través dun corpo compartido”, salientou, “a autora consigue unha translación do eu ao colectivo, nun conxunto de poemas formalmente ben articulado, con amplos rexistros e carácter, con moi bo manexo da repetición e catalogación dos seus elementos”. (…)”

Obradoiro de creación literaria Sen marxes. Poesía expandida, con Silvia Penas, en Vigo

O Obradoiro de creación literaria Sen marxes. Poesía expandida, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, con patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Biblioteca Municipal Neira Vilas de Vigo e a Asociación Cultural Évame Oroza.

Será impartido por Silvia Penas, cunha sesión especial a cargo de María Lado.

Ten 15 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando nome, apelidos e o nome deste obradoiro. ACTUALMENTE ESTÁN XA TODAS AS PRAZAS CUBERTAS, POLO QUE AS SOLICITUDES QUE SE ENVÍEN A PARTIR DE AGORA ENTRARÍAN NUNHA LISTAXE DE RESERVA.

Calendario, horarios e emprazamentos
– Biblioteca Municipal Neira Vilas de Vigo (Avenida Emilio Martínez Garrido, 21):
Sábados 10, 17, 24 e 31 de outubro de 2026, de 10:00 a 14:00 h.
– Asociación Cultural Évame Oroza (Subida Costa, 5):
Sábado 7 de novembro de 2026, de 10:00 a 14:00 h.

“A poesía non entra nun DIN A4. Sen marxes é un convite a desbordar o papel para levar a escrita directamente ao corpo, á sonoridade e ao espazo.
Neste obradoiro sentaremos á mesa da creación poética sobre catro patas fundamentais: voz, corpo, música e obxectos. Con estes elementos hibridaremos o poema para darlle sabor e colocalo no centro do taboleiro, alimentando a nosa fame simbólica e artística, e a necesidade de resignificar o mundo desde o código poético.
Ao romper os límites do folio, a escrita feita corpo habitará o espazo, gañará sonoridade e cambiará de cor.”

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Nuria Vil: “Segue a existir a narrativa de que as persoas queer somos perigosas”

Entrevista de Tamara Novoa a Nuria Vil na revista A Movida:
“(…) – A Movida (AM): Defíneste como recitadore. Que ten a oralidade que non ten a escrita?
– Nuria Vil (NV): Eu podo recitar un día unha cousa e ao seguinte outra. Entón, hai un certo grao de espontaneidade que a escrita, inevitablemente, non pode ter, porque hai que escoller unha opción, deixala escrita e que quede aí. Tamén necesitas unha persoa que escoite, ten que haber alguén do outro lado que reciba o que eu digo.
– AM: Como nace ou de onde vén esa vocación de contar historias?
– NV: É unha pregunta que me fixen moito e non teño nin idea. As miñas avoas, a miña nai, as miñas tías…, en definitiva, as mulleres que tiven ao redor son mulleres que falan moito entre elas, que son moi espontáneas, que sempre teñen historias. Hai unha riqueza en contar as historias que creo que reside na oralidade, e moita xente pode recoñecela porque a temos ao noso redor. Logo, eu vivín moitas cousas na miña adolescencia e despois tiven unha necesidade de contalo ou de buscar un tipo de voz, miña, propia, coa que saír dalgún sitio.
– AM: Decátaste na adolescencia de que o que che gusta é contar historias?
– NV: Non, moito máis tarde. Son unhe recitadore, poeta, creadore que moita xente consideraría tardía. Con 23 anos ou así comecei a facer recitais, a interesarme un pouco máis e a escribir algunhas cousas, pero na adolescencia non estaba escribindo. Estudando a carreira tiven a oportunidade de empezar a ler autoras, de coñecer movementos literarios máis performáticos, con moita cor, moito flúor e moita xente subida nos escenarios cagándose en todo. Aí atopei algo no que me recoñecía e que me parecía divertido, e dixen: pois eu quero facer esta cousa, eu tamén quero divertirme así.
– AM: E quen eran esas autoras?
– NV: No inicio non tiña referentes de mulleres escritoras; naquel intre foran Rompente, Ronseltz ou o Batallón da Costa da Morte. Ao seren todo homes, iso facía que tampouco me acabase de recoñecer de todo. Estando xa na Universidade de Vigo, descubrín A Sega, a plataforma de crítica literaria feminista, e empecei a facerme preguntas. Decateime de que non tiña referentes, primeiro autoras e despois persoas non binarias que escribisen, ou persoas do colectivo LGBT nas que recoñecer a miña vida. Sempre digo que me marcou moitísimo escoitar a Silvia Penas na Colexiata, aínda que ela fai unha cousa diferente ao que eu fago. Pero ao vela si que puiden ver un espello e dicir: eu fago iso na miña casa. (…)”