Entrevista a Xosé Henrique Rivadulla Conde en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Como de ben acollido estivo?
– Xosé Henrique Rivadulla Corcón (XHRC): Moi ben. A Fernán Vello coñézoo de hai moitos anos, tiñamos menos de vinte daquela. Falou do libro con palabras sabias e achegouse xente de Carballo e incluso de Muxía. Totalmente grato. Carballo mesmo é importante para min. Coa infancia a cabalo entre A Coruña e Muxía, para ir a Muxía pasabamos por Carballo e tiñamos a tradición de parar a mercar algunha empanada. Por iso e máis éme un sitio de agrado.
– LVG: Chorente protagoniza a obra.
– XHRC: Trata de ser un lugar idílico, que me serve como exemplo para dicir como me gustaría a min que fose a vida e a relación entre as persoas. Non son un ser inxenuo, son realista e sei que non é posible, pero en certa medida si o podería ser, procurando relacións máis humanas. Escribilas é doado, na vida non o é tanto.
– LVG: E Chorente soa a Muxía.
– XHRC: Claro. Chorente é unha aldea na entrada de Muxía. Mais o libro non ten que ver con ela, é unha aldea literaria. Emprego o nome como homenaxe. En case todos os meus libros Muxía ten presenza. O último antes deste, tamén editado por Positivas, titulábase Moraime, pequena vila con mar. As dúas obras teñen certa continuidade, un co outro son libros de relatos que naceron na Radio Galega.
– LVG: A aldea deste libro cre nos soños para facer unha vida mellor.
– XHRC: Neste Chorente todo sae ben, aínda que iso non significa que non haxa problemas, que os hai, e algúns complexos, pero todo se resolve a partir dunha relación humana. O que sucede neste aldea moitas veces ten que ver coa estrutura dos soños, ter soños é o que máis lles interesa aos habitantes de Chorente. Soños de todo tipo, os que se teñen durmindo e os que se teñen como ilusións do que un quere facer na vida. Todo é algo fantástico, algo absurdo, inesperado. Un mundo menos materialista… Non digo que o diñeiro non sexa necesario, digo que non é importante. (…)”
Arquivos da etiqueta: Moraime. Pequena vila con mar
Compostela: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
Vigo: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
O xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240), en Vigo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías. As persoas que así o desexen poderán ler contos do libro.
Cangas: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
O xoves 28 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Wells (Praza do Arco), en Cangas de Morrazo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas.
Bueu: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
Xosé Henrique Rivadulla Corcón: “A Costa da Morte non tería a súa maxia sen os escritores”
Entrevista a Xosé Henrique Rivadulla Corcón en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Por que Moraime [Moraime, pequena vila do mar]?
– Xosé Henrique Rivadulla Corcón (XHRC): De Moraime o único que ten é o título. A vila da que falo é un lugar ficticio. Ao buscar o nome veume este nome porque eu son de Muxía, e Moraime é un lugar emblemático para min, unha referencia na miña vida. Alí íamos de cativos a entrar nos hortas, coller o millo para asalo… é un sitio mítico e moi especial. (…)
– LVG: E sempre coa Costa da Morte de pano de fondo. ¿Sería vostede hoxe un escritor se non existise a Costa da Morte?
– XHRC: Penso que non. A miña orixe literaria parte claramente de Muxía. Hai un feito moi concreto que me marca como escritor. En 1975, cando tiña 13 anos, descubrín a Rosalía de Castro dun xeito consciente a través da música de Amancio Prada. E foi a través dun mariñeiro, Alejandro O Fundador, que trouxo unha casete ao grupo de amigos, lamentablemente el xa non está. Así empezou a miña necesidade de escribir. ¿Pero sabes que?
– LVG: Diga.
– XHRC: Aínda que é certo que moitos escritores e artistas non o serían sen a Costa da Morte, a Costa da Morte non sería o que é sen os artistas. A través desa literatura, e tamén escultura e pintura, esta zona non tería esa maxia tan especial sen os escritores e demais artistas. Para min en Galicia iso acontece con outras dúas zonas como son a Terra Cha e o Courel.”
Betanzos: presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
X. H. Rivadulla Corcón presenta Moraime, pequena vila con mar
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“O libro, publicado por Edicións Positivas, reúne as historias que o autor escribiu para o programa ‘Un día por diante’ da Radio Galega. A entrevista pode escoitarse aquí.”
A Coruña: presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
O venres 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón, publicada por Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías.
Compostela: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón
O xoves 8 de outubro, ás 20:00 horas, no Restaurante María Castaña (Rúa da Raíña, 19) de Santiago de Compostela, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicado en Edicións Positivas. Neste evento tentarase trasladar os relatos de Moraime á oralidade ambiental dunha taberna, acompañados de pipotes de viño e camaradería, e das sorpresas que poidan aparecer.