A Coruña: representación de Mundo Lois

O xoves Mundo Lois7 de abril, a partir das 20:30 h., no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, representación de Mundo Lois, un espectáculo escénico-audiovisual con guión orixinal de Antón Reixa sobre textos de Lois Pereiro para proxectar a obra poética deste creador a través da palabra e da imaxe. Coa participación de Antela Cid e Lino Braxe, a música de Alexandre González, a escenografía audiovisual de Manu Paz, a dirección técnica de Paco de Pin e a dirección artística do propio Lino Braxe. Un espectáculo escénico cun importante peso audiovisual que universalice, non só a través da palabra senón tamén da imaxe, a obra poética de Lois, edificada en sintonía cos códigos máis modernos, subsumindo unha ampla rede de conexións e referencias coa música, o cinema e as artes plásticas. Co fio condutor da súa propia escrita, na voz dun actor, unha actriz e unha ambiciosa escenografía audiovisual que se apoiará nunha intensa e constante banda sonora, MUNDOLOIS pretende suministrar a calquera espectador profano no coñecemento de Lois Pereiro unha visión fonda, sedutora e interdisciplinar da súa personalidade artística.