O
venres 21 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego (Rúa San Domingos de Bonaval) de Santiago de Compostela, desenvólvese a quinta edición de Olladas sobre o Museo na que se convida a persoas de distintas disciplinas para que compartan a súa visión do Museo co seu público. A poesía vai ser, neste 2011, a forma en que o Museo será ollado e interpretado. Anxo Angueira (na voz do tamén poeta Brais González Pérez), Andrea Nunes Brións (na voz da tamén poeta Alicia Fernández), Silvia Penas, Séchu Sende e Xabier Xil Xardón farán dos contidos do Museo anacos de poesía, através do recitado en diferentes espazos da exposición permanente, de poemas creados para mostrar a súa ollada sobre o Museo. Esta actividade celebra tamén as Xornadas Europeas do Patrimonio, que desde 1991 a cidadanía de 49 países ven comemorando con visitas guiadas, itinerarios, exposicións, concertos e todo tipo de manifestacións culturais que achegan ás persoas ao patrimonio cultural. O espectáculo está patrocinado pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela e ten aforo limitado. A entrada será libre ata completar o mesmo.
Arquivos da etiqueta: Museo do Pobo Galego
Xusto Beramendi: “Queremos facer un gran museo”
Justo Beramendi é o novo presidente do Museo do Pobo Galego
O
Padroado do Museo do Pobo Galego reuniuse o pasado sábado en asemblea e, entre as decisións que se acordaron, destaca a elección do historiador Justo Beramendi como novo presidente. Deste xeito, Beramendi substitúe o intelectual Isaac Díaz Pardo, que ocupaba este cargo. Ademais, o Consello da Cultura Galega tomou posesión como novo patrón institucional, como tamén os representantes dos socios, María Abelleira Fontán, María Isabel Iglesias Baldonedo, Estefanía Lodeiro Paz, Xaquín Penas Patiño e Eduardo Otero Iglesias, elixidos o pasado 7 de maio. Os cambios na directiva do padroado non afectaron aos vicepresidentes, xa que seguen ocupando ese cargo Luciano García Alén, Fernando Acuña Castroviejo, o conselleiro de Cultura e o alcalde de Santiago. Justo Beramendi ocupaba anteriormente a dirección da xunta reitora. O historiador será substituído por Francisco Fariña Busto, mentres que Lino Lema Bouzas seguirá como tesoureiro, mentres que Clodio González e o Concello de Santiago manteranse nas vogalías. Os responsables electos reafirmáronse na “necesaria fidelidade ao espírito fundacional establecido cando se creou o Padroado, hai agora 35 anos”. Vía Xornal. Recollido tamén en Cultura Galega. Entrevista en Xornal.
Santiago: presentación de Alicerces nº 18: Luís Seoane, teórico do deseño gráfico, no Museo do Pobo Galego
O
venres 26 de novembro, ás 19:30 h., no Museo do Pobo Galego, terá lugar a presentación do nº 18 da serie Alicerces, Luís Seoane, teórico do deseño gráfico, coa que se conmemora o centenario do nacemento do prolífico autor coruñés. A edición, ao coidado de Xosé Ramón Fandiño e Gloria López, foi posible mercé á autorización da Fundación Luís Seoane.
Presentación de libros: Miradas alleas

Mañá mércores 28 de xaneiro ás 19:00 horas preséntase no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela a colección de libros Miradas Alleas e o ciclo de conferencias Como nos viron, como nos ven. O acto está organizado polo Clube Internacional de Prensa e a Secretaría Xeral de Comunicación.