Ora Galega inicia na Coruña unha xira polas cidades e vilas onde houbo unha Irmandade da Fala

“HaiOra Galega algo máis de un ano creouse un comité promotor ‘Ora Galega’ para impulsar unha declaración no Parlamento galego para que o ano 2016 fose declarado ANO DAS IRMANDADES. Logrado ese obxectivo ORA GALEGA comeza na Coruña unha xira por todas as cidades e vilas onde houbo unha Irmandade da Fala cun autobús que leva unha exposición que explica a historia e o pensamento das xentes das Irmandades. A primeira parada dese bus será na Coruña o vindeiro sábado 21 de maio. Varias asociacións da cidade estamos chamando ás persoas amigas para facer algunha actividade de lectura de textos para animar á xente a achegarse e coñecer o que alí se mostra.
O autobús estará no Obelisco de 10:00 a 22:00 h. As lecturas faranse pola tarde de 18:00 a 20:00 h. Poden ser de textos das Irmandades que ti coñezas ou podes achegarte e alí chos proporcionamos.
Se queres confirmarnos a túa presenza e indicarnos o que vas ler, por favor faino neste correo irmandadesdafala@gmail.com

ORA001_Mapa_iFala