Desde Galaxia:
“Na Estrada, ás 11 h do 27 de marzo, na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Estrada, reúnese o xurado para escoller a obra gañadora desta VI edición do Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi, coas persoas que deseguido se relacionan:
Paula Carballeira Cabana, dramaturga e Premio Nacional de Literatura Dramática; Mariano Casas Gil, docente e artista plástico; Sara Valcárcel Maceira, responsable de Comunicación e coordinadora de Novos Proxectos de Editorial Galaxia; Armando Requeixo Cuba, crítico literario; e Rosa María Herraiz Cabanas, exercendo como secretaria.
Despois de valorar os orixinais presentados e de levar a cabo distintas seleccións e contraste de opinións, previas á xuntanza do día de hoxe, o xurado acordou, por unanimidade conceder o VI Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi á obra titulada Paio e o Gatipedro, que se presentou baixo o pseudónimo “Roquets”. Unha vez aberta a plica, esta resultou ser da autoría de Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado.
O xurado quixo destacar neste álbum ilustrado a súa capacidade para poñer no centro o folclore galego, facendo protagonista ao Gatipedro. Rescata elementos da tradición oral galega para contar unha historia, tenra, envolta nun mundo de ensoñación, contada cunha linguaxe propia.
Unha historia para os máis pequenos, pensada para compartir en familia, arroupando os afectos.
Destaca a súa estética coidada, cunha excelente paleta de cor, na que historia e imaxe camiñan da man.
Unha proposta que nos convida a soñar e acompañar a Paio na súa procura.”
Arquivos da etiqueta: Paula Carballeira
Outeiro de Rei: Camiños de mar, terra e vento, con Paula Carballeira
Camiños de mar, terra e vento, con Paula Carballeira, en Outeiro de Rei
Outeiro de Rei: Rosa caramelo e outras historias, con Artur Trillo
Rosa caramelo e outras historias, con Artur Trillo, en Outeiro de Rei
Os Premios Alfredo Iglesias entregan en Teo os recoñecementos á cultura e ao compromiso social
Desde Xornal de Compostela:
“A quinta edición dos Premios Alfredo Iglesias celebrarase o venres 16 de xaneiro, ás 20:30, no hotel Congreso, no concello de Teo, nun acto no que se recoñecerá o labor cultural e o compromiso social de persoas e entidades vencelladas ao país. Os galardóns están impulsados polo teense Álex Regueiro en lembranza do creador Alfredo Iglesias.
Nesta edición, o xurado acordou conceder o premio de Escrita a Paula Carballeira, mentres que o recoñecemento en Música recae en Wöyza. O apartado de Acción Patrimonial distinguirá ao Museo do Pobo Galego, e o de Comunicador a Tareixa Navaza.
No eido da Moda, o premio será para Katuxa Platero, mentres que en Gastronomía recoñecerase o proxecto La Central Heladera. A Promoción da Lingua distinguirá a Esther Estévez, e o apartado de Ilustración a Kiko da Silva.
A Acción Cultural será recoñecida coa distinción á Casa Museo Rosalía de Castro, mentres que o premio de Ciencia recaerá en Jorge Mira. No ámbito das Artes, o galardón será para Fuco Reyes.
En canto ao compromiso social, o premio de Acción Solidaria distinguirá a Leila Nachawati, e o de Acción Social á Fundación Dawn Compostela. O recoñecemento en Artesanía recaerá en Idoia Cuesta.
Pola súa banda, Maca Reimóndez e Carmen Fernández, produtoras da Radio Galega, serán recoñecidas co premio á Traxectoria.
O Premio á Memoria será concedido a José Luis Míguez Abucide, mentres que o galardón de Artista Revelación distinguirá a Eiris Makencíe e o de Personaxe Revelación a Marisa Prisa.
Segundo a organización, estes premios procuran afondar “nas traxectorias persoais e na relación que teñen co país as súas gañadoras e gañadores, salientando o valor da cultura e a súa promoción”, así como “o compromiso social”.”
Teo: presentación de Alicia e a mestra de Oza, de Paula Carballeira
Presentación de Alicia e a mestra de Oza, de Paula Carballeira, en Teo
Coimbra: recital poético no Arrincando marcos 2025
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2025: Do cantar ao contar: a tradición oral na sociedade multicultural. Paula Carballeira: “Contar a vida. A identidade e a memoria”, o 23 de outubro
A edición de 2025 do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil ten lugar baixo o título xeral de Do cantar ao contar: a tradición oral na sociedade multicultural. A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño, Carla Míguez e María González Cerdeira (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Desenvolverase os días 2, 9, 16 e 23 de outubro de 2025, ás 18:00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.
A inscrición é de balde e pode facerse aquí.
Está en proceso o recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección.
O programa é o seguinte:
23 de outubro
Paula Carballeira
Contar a vida. A identidade e a memoria
30 de outubro
Luís Prego
Prende no colo. Recitados e cantigas de tradición oral para a cativada






