Betanzos: representación de Pisados, sobre un texto de Gustavo Pernas

O domingo 4 de decembro, a partir das 20:00 h., no Auditorio do Liceo de Betanzos, terá lugar a representación de Pisados, por Áncora Produccións, sobre un texto de Gustavo Pernas. Nesta obra trátanse temas tan actuais como: as linguas pisadas, a marxinación, a crise, a emigración, o maltrato, a intolerancia, o totalitarismo, o amor, a solidariedade… a través da personaxe de Botamán de Melide, que nos vai descubrindo os seus segredos e nos convida a espertar os nosos sentidos atrofiados polas falsas expectativas dunha sociedade xorda. Recuperamos a personaxe do green man moi presente no mundo celta para o noso teatro, con este texto cheo de lecturas con arrecendos cunqueiráns e valleinclanescos.

A Coruña: representación de Pisados, de Gustavo Pernas

O venres Dossier prensa e colexios forumetropolitano28 e sábado 29 de outubro, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos) da Coruña, con entradas de 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregadas/os: 5 euros), represéntase Pisados, unha obra escrita e interpretada por Gustavo Pernas. Botamán de Melide sopra follas no outono e aprende idiomas co paso dos peregrinos do Camiño de Santiago. Máis tarde descobre, entre as follas do chan, a linguaxe secreta dos pisados. Pode falar cos zapatos e vén revelarlle ao público o que calan as bocas e gardan os pés. Baixo a dirección de Ánxela G. Abalo.

O Burgo, Culleredo: representación de Pisados, de Gustavo Pernas, por Áncora Produccións

O venres 8 de abril, a partir das 20:30 h., no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo (Culleredo), terá lugar a representación de Pisados, por Áncora Produccións, sobre un texto de Gustavo Pernas, cunha duración aproximada de 75 minutos. Nesta obra trátanse temas tan actuais como: as linguas pisadas, a marxinación, a crise, a emigración, o maltrato, a intolerancia, o totalitarismo, o amor, a solidariedade… a través da personaxe de Botamán de Melide, que nos vai descubrindo os seus segredos e nos convida a espertar os nosos sentidos atrofiados polas falsas expectativas dunha sociedade xorda. Recuperamos a personaxe do green man moi presente no mundo celta para o noso teatro, con este texto cheo de lecturas con arrecendos cunqueiráns e valleinclanescos. Unha dramaturxia actual para un público de hoxe. Organizado pola Concellaría de Cultura de Culleredo.

Santiago: representación de Pisados, de Gustavo Pernas, por Áncora Produccións

O mércores 16 e o xoves 17 de febreiro, a partir das 21:00 h., no Teatro Principal de Santiago, terá lugar a representación de Pisados, por Áncora Produccións, sobre un texto de Gustavo Pernas, cunha duración aproximada de 75 minutos. Nesta obra trátanse temas tan actuais como: as linguas pisadas, a marxinación, a crise, a emigración, o maltrato, a intolerancia, o totalitarismo, o amor, a solidariedade… a través da personaxe de Botamán de Melide, que nos vai descubrindo os seus segredos e nos convida a espertar os nosos sentidos atrofiados polas falsas expectativas dunha sociedade xorda. Recuperamos a personaxe do green man moi presente no mundo celta para o noso teatro, con este texto cheo de lecturas con arrecendos cunqueiráns e valleinclanescos. Unha dramaturxia actual para un público de hoxe.

Viveiro: representación de Pisados, de Gustavo Pernas, por Áncora Produccións

O sábado 12 de febreiro, a partir das 20:30 h., no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, terá lugar a representación de Pisados, por Áncora Produccións, sobre un texto de Gustavo Pernas, cunha duración aproximada de 75 minutos. Nesta obra trátanse temas tan actuais como: as linguas pisadas, a marxinación, a crise, a emigración, o maltrato, a intolerancia, o totalitarismo, o amor, a solidariedade… a través da personaxe de Botamán de Melide, que nos vai descubrindo os seus segredos e nos convida a espertar os nosos sentidos atrofiados polas falsas expectativas dunha sociedade xorda. Recuperamos a personaxe do green man moi presente no mundo celta para o noso teatro, con este texto cheo de lecturas con arrecendos cunqueiráns e valleinclanescos. Unha dramaturxia actual para un público de hoxe.