Aberta a participación en galego nos Premios do Tren Antonio Machado de Poesía e Conto

A Fundación dos Ferrocarrís Españois convoca a 40.ª edición dos Premios do Tren Antonio Machado de Poesía e Conto co obxetivo de apoiar a creatividade literaria arredor do mundo do ferrocarril.
Os Premios do Tren están dotados cun total de 22.000 euros, que se reparten entre as dúas categorías (poesía e conto) do xeito seguinte: 6.000 euros para o primeiro premio, 3.000 euros para o segundo e catro accésit de 500 euros en cada unha das modalidades.
O prazo de presentación de obras, que se realizará en formato dixital através da web de Premios do Tren, conclúe o 16 de xullo de 2021. Poden participar autores/as residentes no Estado ou noutros países con obras escritas en calquera lingua oficial do Estado español.”

Yolanda Castaño, finalista aos Premios do Tren

“A poeta Yolanda Castaño é unha das doce finalistas aos Premios do Tren, Antonio Machado de Poesía e Conto que convoca a Fundación dos Ferrocarrís Españois. Un total de 976 obras foron as presentadas ao certame, procedentes de 22 países. Despois de que o 14 de setembro rematase o prazo de presentación de obras, a Fundación ven de facer públicos os doce traballos finalistas, seis de poesía e seis de narrativa. Yolanda Castaño é a única muller nos nomes finalistas tanto en poesía como en narrativa e na sección de poesía, a súa obra Tren de vida é a única presentada nunha lingua distinta do español. O fallo do xurado coñecerase o próximo día 28 deste mes nun acto público ao que asistirán os participantes finalistas. Un xurado composto por oito persoas, homes na súa totalidade, decidirá o fallo dun premio dotado en 6.000, 3.000 e 500 euros que contempla a publicación das obras finalistas na Colección Premios do Tren. Entre os membros do xurado atópase Jon Juaristi, Eduardo Mendicutti ou Luis García Montero.” Desde Sermos Galiza.