Convocatoria dos XX Premios Irmandade do Libro

A Federación de Libreiros de Galicia convoca os XX A FEDERACIÓN DE LIBREIROS DE GALICIA convoca os XX Premios Irmandade do Libro, nas seguintes modalidades:

MODALIDADE DE CENTROS DE ENSINO. BASES:
Nesta modalidade premiaranse as actividades relacionadas co fomento da literatura e da lectura en xeral e da galega en particular.
Poderán participar todos os centros de ensino públicos e privados de Galicia, presentando na Federación de Libreiros de Galicia (Rúa República de El Salvador, 28 entrechán B. 15701 Santiago de Compostela) unha memoria detallada do traballo realizado no centro na divulgación do libro e da lectura, especialmente en galego, durante o ano 2010. Nesta memoria, deberá figurar o enderezo, teléfono, fax e correo electrónico.
Os traballos deberán presentarse na Federación de Libreiros de Galicia debidamente identificados, para o seu rexistro e certificación da data de entrada. No caso de envialos por axencia ou por correo, deberán certificalos para poder acreditar a data de entrega no seu destino. Tamén se poden enviar por fax (981591421) ou por correo electrónico( libreiros@librarias.org)
A data límite para a recepción dos traballos nos locais da Federación de Libreiros de Galicia, será a do 11 de marzo do 2011.
O gañador, recibirá unha figura alegórica de bronce, deseño exclusivo para os Premios Irmandade do Libro do artista lucense Ismael López Fernández, realizada nos talleres Artebronce, de Goián e un cheque por importe de 2.000 € para a adquisición de libros en calquera das librarías integradas na Agrupación de Libreiros á que pertenza a localidade do colexio gañador. A Federación de Libreiros de Galicia, non se fará cargo do importe dos libros adquiridos noutras librarías non autorizadas.
A entrega dos premios, terá lugar nunha cea que se celebrará en Narón (A Coruña), o día 2 de abril de 2011.
Os traballos presentados serán devoltos pola organización.
O xurado estará formado polas seguintes persoas: O presidente da Federación de Libreiros de Galicia, que presidirá o xurado, con voto de calidade. Un escritor ou escritora en língua galega. Un profesor ou profesora de língua e literatura galega. Un representante da Xunta de Galicia. Un bibliotecario ou bibliotecaria. Un libreiro ou libreira, pertencente á Federación de Libreiros de Galicia. Actuará como secretario, con voz e voto, o secretario da Federación de Libreiros de Galicia.
A participación no certame, implica a plena aceptación das bases.

MODALIDADE DE AUTOR/AUTORA . BASES:
Ten por obxecto premiar a un autor ou autora que, tendo publicado un libro no ano 2010, se distinga pola súa traxectoria en defensa do libro e da lectura, especialmente en galego.
Os interesados deberán achegar unha memoria na que consten os méritos alegados tendo en conta o obxetivo do premio. Poderán presentar propostas o propio autor, unha persoa ou colectivo, asociacións ou institucións que así o consideren, así como un libreiro ou agrupación de libreiros que o estime oportuno.
As propostas deberanse enviar á Federación de Libreiros de Galicia (República de El Salvador, 28 entrechán B. 15701 Santiago de Compostela) antes do día 11 de marzo de 2011. Tamén se poden enviar por fax (981591421) ou por correo electrónico (libreiros@librarias.org).
O gañador, recibirá unha figura alegórica de bronce, deseño exclusivo para os Premios Irmandade do Libro, do artista lucense Ismael López Fernández, realizada nos talleres Artebronce de Goián, que será entregada no transcurso dunha cea que se celebrará o 2 de abril de 2011, en Narón (A Coruña).
O xurado estará formado polas seguintres persoas: O presidente da Federación de Libreiros de Galicia que presidirá o xurado con voto de calidade. Un escritor ou escritora en língua galega. Un profesor de língua e literatura galega. Un representante da Xunta de Galicia. Un bibliotecario ou bibliotecaria. Un libreiro ou libreira, pertencente á Federación de Libreiros. Actuará como secretario, con voz e voto, o secretario de Federación de Libreiros de Galicia.
A participación no certame, implica a plena aceptación das bases.

MODALIDADE DE FOMENTO DA LECTURA. BASES:
Ten por obxecto premiar calquera tipo de actividade realizada para o fomento da lectura, coa utilización de soportes tanto impresos como virtuais (páxinas web, internet) e que asemade contribúan á promoción e divulgación do libro e a lectura durante o ano 2010.
A documentación a presentar, consistirá nunha memoria da actividade na que, dun xeito específico, se divulgue ou promocione o libro e a lectura, especialmente en galego.
As propostas de participación e documentación, poderán ser presentadas polos propios interesados ou por outras persoas ou colectivos interesados na proposta.
A data límite para o envío da documentación á Federación de Libreiros de Galicia (Rúa República de El Salvador, 28 entrechán B. 15701 Santiago de Compostela), é o 11 de marzo de 2011. O envío estará debidamente identificado para o seu rexistro e certificación da data de entrega. Tamén se poderá envialo por correo electrónico (libreiros@librarias.org) ou por fax (981591421)
O gañador recibirá unha figura alegórica de bronce, deseño exclusivo para os Premios Irmandade do Libro, realizada polo artista lucense Ismael López Fernández, e un cheque por importe de 2.000 € para a adquisición de libros en calquera das librarías da Agrupación de Libreiros á que pertenza a localidade do gañador ou gañadora. A Federación de Libreiros non se fará cargo do importe de libros adquiridos noutras librarías.
A entrega de premios terá lugar nunha cea que se celebrará en Narón (A Coruña) o día 2 de abril de 2011.
O xurado estará composto polos seguintes membros: O Presidente da Federación de Libreiros de Galicia, que será o encargado de presidilo. Terá voto de calidade. Un escritor ou escritora en língua galega. Un profesor ou profesora de língua e literatura galegas. Un representante da Xunta de Galicia. Un bibliotecario ou bibliotecaria. Un libreiro ou libreira, pertencente á Federación de Libreiros de Galicia. Actuará como secretario, con voz e voto, o Secretario da Federación de Libreiros de Galicia.
A participación no certame, implica a plena aceptación das bases.

MODALIDADE DE INSTITUCIÓNS. BASES:
Ten por obxecto distinguir a actividade realizada no ano 2010 por unha institución, a súa importancia social e cultural e a súa contribución á promoción e difusión do libro e a lectura, especialmente en galego.
Para participar neste premio deberase presentar unha memoria acreditativa da actividade, na Federación de Libreiros de Galicia (Rúa República de El Salvador, 28 entrechán B. 15701 Santiago de Compostela). Tamén se pode enviar por correo electrónico (libreiros@librarias.org) ou por fax (981591421). A data límite para a presentación das memorias é a do 11 de marzo de 2011.
As propostas poderanse presentar polas propias institucións (públicas ou privadas), por entidades e asociacións ou por persoas ou colectivos que o estimen oportuno, así como por libreiros, polas Agrupacións de Libreiros membros da Federación de Libreiros de Galicia ou pola propia Federación.
A institución gañadora, recibirá unha figura alegórica de bronce, deseño exclusivo para os Premios Irmandade do Libro, do artista lucense Ismael López Fernández, realizada nos talleres Artebronce, de Goián, que será entregada no transcurso dunha cea, que se celebrará en Narón (A Coruña), o día 2 de abril de 2011.
O xurado, estará formado polas seguintes persoas: O presidente da Federación de Libreiros de Galicia que presidirá o xurado con voto de calidade. Un escritor ou escritora en língua galega. Un profesor de língua e literatura galega. Un representate da Xunta de Galicia. Un bibliotecario ou bibliotecaria. Un libreiro ou libreira, pertencente á Federación de Libreiros. Actuará como secretario, con voz e voto, o secretario da Federación de Libreiros de Galicia.
A participación no certame, implica a plena aceptación das bases.

MODALIDADE DE LIBRARÍA. BASES :
Ten por obxecto premiar o labor realizado a prol do libro e da lectura no ano 2010 por parte das librarías galegas pertencentes á Feceración de Libreiros de Galicia.
Os interesados, deberán enviar unha memoria explicativa da proposta na que se destaquen os méritos do candidato e, sobre todo, a súa actividade profesional e a súa participación na promoción e difusión do libro e a lectura, a incorporación e utilización de novas tecnoloxías ao servizo do libro, da lectura e da cultura en xeral no contorno no que desenvolve o seu traballo, así como as súas achegas á defensa solidaria dos intereses do colectivo de libreiros e do seu prestixio profesional.
As propostas das candidaturas, poderán ser presentadas pola libraría interesada, por outra libraría ou colectivo de libreiros, polas Agrupacións de Libreiros pertencentes á Federtación de Libreiros de Galicia e pola propia Federación.
As propostas deberán presentarse na Federación de Libreiros de Galicia (Rúa República de El Salvador, 28 entrechán B. 15701 Santiago de Compostela) antes do 11 de marzo de 2011. Tamén poderán enviarse por correo electrónico (libreiros@librarias.org) ou por fax (981591421).
O gañador, recibirá unha figura alegórica de bronce, deseño exclusivo para os Premios Irmandade do Libro, do artista lucense Ismael López Fernández e realizada nos talleres Artebronce de Goián, que será entregada no transcurso dunha cea que se celebrará en Narón (A Coruña), o 2 de abril de 2011.
O xurado estará formado polas seguintes persoas: O presidente da Federación de Libreiros de Galicia que presidirá o xurado con voto de calidade. Un escritor ou escritora en língua galega. Un profesor ou profesora de língua e literatura galega. Un representante da Xunta de Galicia. Un bibliotecario ou bibliotecaria. Un libreiro ou libreira, pertencente á Federación de Libreiros. Actuará como secretario, con voz e voto, o secretario da Federación de Libreiros de Galicia.
A participación no certame implica a plena aceptación das bases.

MODALIDADES: LIBRO DO ANO E OBRA EDITORIAL DO ANO. BASES:
LIBRO DO ANO 2010
Este apartado da modalidade ten por obxecto distinguir un libro, escrito preferentemente en língua galega e distribuído nas librarías de Galicia durante o ano 2010, que pola calidade e interese do seu contido e pola acollida, tanto da crítica como do público lector, teña acadado especial relevancia na nosa sociedade.
OBRA EDITORIAL DO ANO 2010
Neste apartado quere premiarse a calidade técnica e material dunha publicación, o esforzo editorial, o aporte documental e gráfico e o carácter innovador dunha obra publicada e distribuída durante o ano 2010.
Poderán participar en calquera dos dous apartados todas as editoriais galegas cos libros dos seus fondos publicados durante o ano 2010.
As Agrupacións de Libreiros pertencentes á Federación de Libreiros de Galicia poderán presentar propostas nos mesmos termos que as editoriais.
Os interesados na participación, deberán enviar dous exemplares dos libros propostos, antes do día 11 de marzo de 2011 á Federación de Libreiros de Galicia (Rúa República de El Salvador, 28 entrechán B. 15701 Santiago de Compostela) facendo constar no paquete XX Premios Irmandade do Libro.
Os libros quedarán de propiedade da organización, agás petición expresa en contra por parte da editorial.
As editoriais autoras da edición das obras gañadoras, recibirán unha figura alegórica de bronce, deseño exclusivo do artista lucense Ismael López Fernández, realizada nos talleres Artebronce, de Goián e unha campaña dos libreiros asociados para a divulgación do libro gañador en todas as librarías pertencentes á Federación de Libreiros de Galicia. O acto terá lugar en Narón (A Coruña) o 2 de abril de 2011.
O xurado, presidido polo titular da Federación de Libreiros que terá voto de calidade, estará formado por un escritor ou escritora en língua galega. Un profesor ou profesora de língua e literatura galega. Un bibliotecario ou bibliotecaria. Un representante da Xunta de Galicia . Un libreiro ou libreira, membro da Federación de Libreiros. Actuará como secretario, con voz e voto o secretario da Federación de Libreiros de Galicia.
A participación no certame implica a plena aceptación das bases.

As bases para a participación nesta edición dos premios tamén se poden solicitar no teléfono 981-599958, fax: 981-591421, nos correos electrónicos libreiros@librarias.org e antonio@librarias.org, ou na páxina web.

Xabier Docampo e Marcos Calveiro, premios Irmandade do Libro 2009

O escritor Xabier DoCampo recibiu onte no Carballiño o premio Irmandade do Libro ao “Autor do ano 2008”, outorgado pola Federación de Libreiros de Galicia. Na categoría de “Libro do ano 2008” o vencedor foi Marcos S. Calveiro pola novela Festina lente. Tamén recibiron premios Alvarello editora (“Obra editorial 2008” pola Colección rescate), as bibliotecas públicas de Oleiros (“Fomento da lectura”), o IES Blanco Amor de Ourense (“Centros de ensino”), a Asociación Cultural Rosalía de Castro (“Institucións”) e Andel do libro galego e portugués (“Librarías”).