Arquivos da etiqueta: Rafael Laso Lorenzo
Vigo: Rafael Laso presenta libro
Vigo: Rafael Laso Lorenzo presenta O trasmundo de Antioquía
O próximo mércores 13 de maio ás 19:30 terá lugar na Casa del Libro de Vigo o acto de presentación do libro O trasmundo de Antioquía, do escritor Rafael Laso Lorenzo. A obra está editada por Edicións do Cumio. O acto é de entrada libre.
Ourense: presentación da novela A vida que non é
O vindeiro martes 14 de Abril, as 20.00 h, preséntase no salón de actos do Centro Cultural da Deputación de Ourense a novela de Rafael Laso Lorenzo, A vida que non é. O acto é de entrada libre.
Vigo: presentación da última novela de Rafael Laso Lorenzo
Mañá venres 20 de febreiro preséntase en Vigo a nova novela de Rafael Laso Lorenzo, A vida que non é. A presentación terá lugar ás 19:30 no salón de actos do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo. Ademais do autor, participarán no acto o editor Ignacio Chao Castro (Edicións Tambre) e o profesor da Universidade de Vigo e escritor Manoel Dacosta Pardo.
Xinzo: presentación da novela A vida que non é, de Rafael Laso Lorenzo
O 2 venres de xaneiro, ás 20:30 na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, terá lugar a presentación do libro A vida que non é (Tambre), de Rafael Laso Lorenzo. No acto intervirán Ignacio Chao Castro (editor), Antón Riveiro Coello (escritor) e o autor.