Ourense: Jorge Emilio Bóveda presenta libro

O escritor ourensán e membro da AELG Jorge Emilio Bóveda tira adiante o libro SERES ESTARES PARECERES. VOCES COPULATIVAS, coa editora Liberlibro. Unha escolma de artigos publicados nos xornais mundourense.com e Ourense por Barrios, entre os anos 2007 e 2009. O libro, prologado por Javier González Róiz e José Antonio Santos, será presentado en Ourense o vindeiro 10 de marzo do 2010 no Centro Cívico da Rúa Colón de Ourense.

Ourense: nova edición do roteiro “A Esmorga”

A EsmorgaA Sección de Literatura do Liceo de Ourense convoca unha nova edición do Roteiro “A Esmorga” a celebrar hoxe venres 11 de decembro. O inicio do Roteiro terá lugar ás 20,00 horas no lugar de saída habitual, na Avenida de Zamora, para logo irse desprazando ao longo da cidade medieval polos mesmos espazos físicos e emotivos que percorreron os personaxes da inmortal novela de Eduardo Blanco Amor. Cando se cumplen cincuenta anos da primeira edición d’A Esmorga a Sección de Literatura quere convidar a todos os ourensáns a participar neste novo Roteiro que se pechará diante da Estatua do escritor ourensán na Praza do Bispo Cesáreo, rematándo cun “viño galego” na Sala de Tertulia do Liceo.

Ourense: conferencia de Freixanes sobre Fernández del Riego

Mañá venres 15 de maio as oito e cuarto da tarde na Sala de Tertulia da Sociedade a Sección de Literatura do Liceo de Ourense iniciase unha nova edición do Ciclo de Conferencias “Visións de Galicia” adicadas este ano a Ramón Piñeiro e o Grupo Galaxia, coa conferencia de Victor Freixanes que falará sobre a figura de Francisco Fernández del Riego.

Nacido en Vilanova de Lourenzá (Lugo) no ano 1913, Francisco Fernández del Riego é unha das figuras máis relevantes do ensaio e a crítica literaria galega. Avogado de profesión, comezou a militar nas filas do galeguismo durante o período republicano, intervindo en diversos proxectos do grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos. Xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto, foi un dos principais artífices da Editorial Galaxia (1950), empresa que liderou o proceso de restauración cultural na posguerra. Desta iniciativa xurdiu a revista Grial (1963), que Del Riego dirixiu en colaboración con Piñeiro durante os primeiros cen números e onde participaría asiduamente con artigos e recesións literarias.

Marcos Valcárcel, Socio de Honor do Liceo de Ourense

O Liceo de Ourense celebrou o pasado venres 20 de febreiro a súa Asemblea Xeral de Socios, durante a cal foi aprobado o nomeamento coma Socio de Honor do historiador Marcos Valcárcel, en virtude dos seus méritos persoais e dos servizos prestados á Sociedade como Director da Sección de Literatura. A Xunta Directiva salientou a condición de “persoa íntegra y entrañable” de Marcos Valcárcel, “una fuente de conocimiento de la historia contemporánea de Ourense” que mantén unha viva comunicación co resto de intelectuais de Galicia. “Es un orgullo para la Sociedad que forme parte decisiva de nuestras actividades literarias, con las que el Liceo ha alcanzado el mayor nivel de prestigio cultural”, di o comunicado da Xunta do Liceo.