Arquivos da etiqueta: Raros e curiosos
Raros e curiosos, de Carlos López
Entrevista a Carlos López en Fervenzas Literarias:
“(…) – Fervenzas Literarias (FL): Con unha vizosa produción literaria centrada no público infantil e xuvenil, agasalla agora aos seus lectores cun libro tan sorprendente e máxico como o seu título: Raros e curiosos. Que lle motivou a afastarse desa liña de traballo infantoxuvenil e escribir este libro centrado nun público de máis idade?
– Carlos López (CL): Si, parece que me especialicei na escrita de literatura infantil, que por outra banda é un campo que me deu moitas satisfaccións e no que seguirei traballando no futuro. O que acontece é que dende hai xa un tempo eu viña escribindo varios dos relatos que aparecen en Raros e curiosos. Algúns deles publicáronse en diferentes medios e incluso tiven a fortuna de que se premiaron. Agora decidín xuntalos todos nun só volume, engadindo aos que tiña relatos novos.
– FL: Transmútase en Raros e curiosos en cronista e altofalante de todos eses personaxes singulares e estrambóticos que deambulan polo libro. Poderíamos afirmar que se trata doutro xeito de facer xornalismo ao realizado a diario na súa tira de Pinto & Chinto no xornal La Voz de Galicia?
– CL: Máis que relatos, o que aparecen en Raros e curiosos son retratos: retratos ao minuto. Un dos cualificativos que gusto de lles aplicar é o de crónica ficticia. Moitas pasaxes do libro teñen un corte claramente xornalístico, como se realmente aconteceran e eu fose cronista deses feitos. (…)”
Carlos López, Raros e curiosos
A Coruña: actos literarios destacados do sábado 9 na Feira do Libro
O sábado 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:
– 13:00 h. Paula Carballeira e o ilustrador Xosé Tomás presentan o seu libro A Burra Ramona, con sesión de ilustración e contacontos. Actividade organizada por Baía Edicións.
– 19:00 h. Presentación de Raros e curiosos, de Carlos López, publicado por Edicións Embora. Xunto co autor, participará no acto o escritor e xornalista Carlos G. Reigosa.
– 19:00 h. Diana Varela e Xulio Valcárcel asinarán na caseta de Editores Coruñeses.
– 20:00 h. Xosé Vázquez Pintor presenta o seu libro Columnas de papel 2, publicado por Morgante.
– 20:00 h. Sinatura de libros de Rubén Martínez Alonso na caseta de Consorcio Editorial.
– 20:00 h. Sinatura de O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila e Galiza Mutante: Poder Nuclear! e Alaia e a deusa, de Tomás González Ahola, publicados por Urco Editora, na caseta de Libraría Cartabón.