O mércores 30 de marzo, ás 20:00 h., no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), na Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar a primeira conferencia dos IV Encontros Cidade da Coruña, baixo o lema Ser Escritor, Ser Escritora, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Ana Paula Tavares falará sobre Ser Escritora e Africana.