Arquivos da etiqueta: Suso de Toro
Compostela: presentación de Mañá, cando sexamos luns, de Xaquín Núñez
Presentación de Mañá, cando sexamos luns, de Xaquín Núñez, en Santiago de Compostela
Presentación de Terra de sacrificio, de Suso de Toro, en Compostela
Compostela: presentación de Terra de sacrificio, de Suso de Toro
Presentación de Terra de sacrificio, de Suso de Toro, en Compostela
Compostela: presentación de Terra de sacrificio, de Suso de Toro
Presentación de Terra de sacrificio, de Suso de Toro, na Coruña
A Coruña: presentación de Terra de sacrificio, de Suso de Toro
Suso de Toro: “Castelao e Piñeiro son figuras, xa non contrarias, senón inimigas politicamente”
Entrevista de Montse Fajardo a Suso de Toro en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Dixo nas súas redes sociais que con este libro pretendía fechar o ano Castelao cun relato que o reivindique de vez e lle tire de encima a imaxe que outros lle crearon.
– Suso de Toro (ST): Si, con iso entramos xa directamente no cuore, no centro do sentido do libro, porque con iso refírome ao combate político que estabeleceu un grupo de galeguistas do Interior, e nomeadamente Ramón Piñeiro, para liquidar a posición política que representaba Castelao. Piñeiro descualifícao situándoo como un naif que non se enteira, que non sabe ver os cambios no tempo e eu digo que non é certo, simplemente estaban en posicións distintas. Castelao demostrou no exilio que era capaz de modular posturas e buscar acordos pero sempre manténdose nunha posición republicana. Pasou anos aferrándose ao Estatuto de Autonomía, que estaba unido á República, e ademais representou o Consello da Galiza, o que tamén vai ser esencial nesta dialéctica porque Piñeiro e o seu grupo descualificaron igualmente a institución e impedíronlle que tivese enlace co interior en base a ese argumento de que Castelao era un gran artista, unha figura simbólica, pero non era realmente un político porque era un soñador e a súa postura non era sensata. A que era válida era a deles.
– ND: Parece que iso de resaltar a figura artística de Castelao para minimizar a política quedou no ADN, e hai quen segue a facelo hoxe.
– ST: Absolutamente. É asombroso que até mesmo estudosos da figura de Castelao repitan ese prisma que estabeleceu Piñeiro desde finais dos anos 40 e sobre todo nos 50 e 60. Repetiuno unha vez e máis outra. Por iso Galaxia non editou o Sempre en Galiza, é dicir, o pensamento político de Castelao, até anos despois de que o editaran en Madrid. A súa reticencia a divulgar o pensamento político de Castelao é significativa. (…)”







