
Arquivos da etiqueta: Libraría Follas Novas Santiago
Presentación de Anaquiños, de Raquel Catalán, en Compostela
Compostela: presentación de Poden pensar as máquinas?, de Senén Barro
Compostela: presentación de Mañá, cando sexamos luns, de Xaquín Núñez
Presentación de Poden pensar as máquinas?, de Senén Barro, en Compostela
Presentación de Mañá, cando sexamos luns, de Xaquín Núñez, en Santiago de Compostela
Compostela: presentación e contacontos de Un porquiño polo San Martiño, de Macarena G. Vicente e Iria Bermúdez
Presentación e contacontos de Un porquiño polo San Martiño, de Macarena G. Vicente e Iria Bermúdez, en Compostela
Compostela: presentación de Roxe de Sebes, de Ignacio Castro
Desde Chan da Pólvora:
“O selo Noudelo e Ribón pon estes días nas librarías a reedición de Roxe de Sebes, coa que conmemora o 25 aniversario da súa publicación. Convertida xa na obra máis admirada de Ignacio Castro e nun dos máis celebrados ensaios da literatura galega recente, Roxe de Sebes recolle as experiencias e reflexións do filósofo durante o seus mil días de retiro no Courel, agora ampliadas coas achegas de diferentes autores para a que é, sen dúbida, a versión máis completa ata o momento dun texto fundamental. O libro preséntase o vindeiro martes 9 de decembro na libraría Follas Novas de Compostela a partir das sete da tarde, coa presenza da psiquiatra Julia Fraga.
Nun momento crucial da súa xuventude, o filósofo Ignacio Castro Rey retirouse á montaña para tentar converter en mundo un medo atávico e primordial. O testemuño desa experiencia radical, centrada no ascetismo do pensamento e nunha contemplación anómala, é Roxe de Sebes, libro que desde a súa primeira edición en 2001 se con- verteu nunha obra de culto. Composta por un diario de momentos, case ao estilo do haiku, e un ensaio sobre ese retiro, Roxe de Sebes inclúe unha colección de cartas escritas na montaña e un ensaio sobre o poder mítico dos lugares que habitamos e os lugares que nos habitan. Para esta nova edición de Noudelo e Ribón, o autor fixo unha revisión fonda do texto e compilou paratextos de distintas épocas. Ademais, engadíronse unha serie de artigos nos que Emilio Araúxo, Lois Gutiérrez e Alberto Ruíz de Samaniego analizan desde o presen- te as ondas expansivas que provocou o libro. Quizais o monte –asegura Ignacio Castro– sexa o lugar xeográfico necesario, pero tamén o espazo inmaterial que nos roubaron. O paraíso que nos venden como utopía, cando en realidade só o quitaron da nosa vista.”







