Arquivos da etiqueta: Toño Núñez
Pambre, Palas de Rei: presentación de Arredor do cuarto pequeno, de Xosé Manuel do Castro
Meira: Cata literaria polo Día Mundial da Poesía
O Corgo: encontro con Toño Núñez arredor da súa obra Mea culpa
Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2025 en Lugo
Estas son algunhas das fotografías do acto en Lugo do Día de Rosalía de Castro 2025, que tivo lugar o 21 de febreiro, ás 11:30 horas, no Parque de Rosalía de Castro, organizado pola AELG, coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. O acto consistiu na lectura do Manifesto da AELG, elaborado neste 2025 por Marga do Val, a lectura pública da obra de Rosalía de Castro por alumnado do CEIP Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea e escritoras/es da cidade de Lugo, e unha ofrenda floral en homenaxe á autora. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.